Lugo, 30 de xuño de 2021. A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE e Deputada Autonómica, Patricia Otero acusou hoxe a Presidenta do PP “de buscar a rendibilidade política na venda de Alcoa, dándolle as costas aos traballadores, a Mariña Lucense e a toda a provincia de Lugo”. Así o dixo tras coñecer as declaracións da popular sobre a xestión do Goberno Central neste asunto.
Patricia Otero dixo que a representante do PP “esta máis preocupada en apoiar á empresa, que en favorecer aos traballadores e as súas familias. Nestes intres o PP esta máis ocupado en facerlle o traballo á multinacional, que en poñerse do lado dos traballadores, que é o que toca”, insistiu.
A dirixente socialista remarcou que “o goberno do PSOE, xunto con tódolos seus Alcaldes sempre estiveron ao carón dos traballadores e traballadoras, implicándose en buscar unha solución, pero lamentablemente o PP non pode dicir o mesmo. O PSdeG segue apoiando a folla de ruta que se esta impulsando dende o Goberno Central neste proceso, xa que amosa un compromiso total cos traballadores”.
“O PP de Feijóo e de Candia perdeu completamente o norte dos intereses dos lucenses. Mentres a Ministra de Industria, Reyes Maroto viaxa a USA para impulsar a venda, o PP só sabe poñer paos nas rodas e criticar. Cero aportacións. Ademais esta mesma semana a propia Ministra reuniuse co Comité de empresa, e a vindeira semana manterá outra reunión cos traballadores e coa Xunta. Que máis compromiso se lle pode pedir ao Goberno?, replicou.
Diante desta situación, “a veciñanza da provincia pode comprobar como a Presidenta do PP pretende utilizar ao comité de empresa e aos propios traballadores, non para atopar unha solución, senón para os seus intereses partidarios e buscar un titular nos medios”.
“É o momento da política con maiúsculas, do compromiso e dos feitos, e non dos enredos aos que nos ten acostumado o PP nesta provincia. Non fixeron absolutamente nada durante todos estes anos neste sector, e agora dan leccións sobre o futuro da industria en Galicia. Pois ben poden comezar por asumir as súas competencias, como reflexa o noso Estatuto”, resumiu.





















A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



