Esta noite, mentres as conciencias durmían e os pesadelos espertaban, foi podado un dos emblemas naturais máis importantes de Viveiro. Non aprendimos nada dunha pandemia provocada pola raza depredadora que somos, e seguimos sendo incapaces de ver a importancia da sostenibilidade e o ecosistema para a vida.
¡Qué temos políticos que levan a Terra no estómago e non no Corazón ou aCcachola xa o sabíamos! ¡Qué vendemos patrimonio natural e cultural que desfacemos a pesar de dicir que “se pon en valor” tamén o coñecemos! ¡Qué pasamos do tema da economía ligada á transformación de mar e monte desprezando as nosas riquezas, outra!
Pero detalles como o acontecido ontes, unha árbore senlleira e catalogada, podada sen estudo previo e na peor data estacional para tal actuación, pode que sexa un posible delito medioambiental, dí todo. Estamos ante claro exemplo de como se actua na comarca, e do atraso social que temos, da “tala tola” do parque a isto. Semella curioso que aquí a escasos kilómetros aconteceu a primeira festa da árbore coñecida a nivel mundial, co rexedor Luis de Luaces en Mondoñedo cara a 1569, onde cada veciño prantaba 3 frutais case en obriga, xa antes en 1503 unha ordenanza sancionada a aqueles que contaran de máis robles ou castaños. ¡Qué fumos e que somos, isto nun planeta respectuoso e cívico non acontecería!
Un veciño, vello xigante olvidado que o vemos como parte da paisaxe sen darnos conta das súas dimensión. Ciprés ou Alcipreste de Monterrey, tamén denominado de California, e pola sua ubicación da Misericordia (Cupressus Macrocarpa), cunha altura de entorno ós 32 metros. Foi prantado hai 100 anos ou máis polo indiano Ramón Pernas Rodríguez, cara 1920. Está catalogado como Árbore Senlleira de Galicia coma referencia 39A.
Temos que comezar a protexelo, fancéndolle un estudo da súa saúde, abrindo a súa contorna a recibir más auga e unha balustrada que lle reserve o seu propio espazo privado.
Nunha ocasión un tipo apertábao e dicía que lle daba enerxía, e forza debe ter, porque resiste coma un campión, é un dos seres vivos terrestres máis grandes da comcarca. Amigo es o anciano máis bó, xeneroso e carismático de A Misericordia, nunca protestas a pesar de facerche sufrir.
“Pode que sexas capaz de enganar ós votantes, pero non á atmósfera” Donella Meadows.








A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



