Santiago de Compostela, 14 de xullo 2021. O BNG acadou en pleno parlamentario o pronunciamento unánime da Cámara galega en favor da intervención pública de Alcoa en San Cibrao ao apoiar todas as forzas a iniciativa nacionalista pola que se insta á Xunta a demandar do Goberno central a intervención na factoría, inicialmente de forma transitoria e a través da SEPI, coa fin de asegurar o mantemento do emprego e da actividade industrial e facilitar a súa posterior venda a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable.
A proposición non de lei do BNG, pola que tamén se insta ao Executivo galego a reclamar ao estatal a participación de ámbalas dúas administracións no proceso de intervención, foi defendida polo portavoz de Industria, Mon Fernández, quen explicou que con esta proposta “o que solicita o BNG a este Parlamento é unha nova manifestación de vontade política a favor dunha solución definitiva e inequívoca para a fábrica de San Cibrao”.
“Unha solución que pasa necesariamente pola intervención da SEPI”, recalcou, logo de recriminar a actitude do Goberno estatal que decidiu agora negar dita intervención, cando os acordos adoptados neste sentido no Parlamento galego, no Congreso, na Deputación de Lugo e en todos os concellos da comarca “foron sempre mediante votacións unánimes a favor”.
Logo de referirse aos precedentes de Alcoa nas fábricas da Coruña e Xixón, Fernández apelou á obrigada “vontade política, decisións claras e solucións”, máis xusto agora, cando “á luz destes acontecementos, parece máis necesaria esa intervención pública para poder espantar os fantasmas e os temores”, polo que considerou a negativa do Executivo central como “un xarro de auga fría”.
“O persoal da fábrica e a xente da Mariña non merece este trato”, afeou, logo de poñer en valor a loita que mantén a sociedade de toda a comarca dende hai 400 días para asegurar o futuro da fábrica en San Cibrao. “Non podemos consentir agora que o Goberno do Estado se descolgue da solución e deixe tirada a toda unha comarca; o Goberno do Estado debe estar dando solucións, non enredando”, advertiu.
Neste sentido, Fernández amosou as reservas do BNG respecto da posición que finalmente levará a ministra a Pitsburg, polo que considerou moi necesaria a nova manifestación do Parlamento galego a favor da intervención xa que, segundo subliñou, “será a mellor mostra de cal é a posición en Galiza e na Mariña de cal debe ser a posición do Goberno do Estado a este respecto”.
“Estamos pola intervención, si, aínda que sexa temporal, para evitar os problemas provocados por solucións intermedias e fallidas xa probadas nas fábricas da Coruña e Xixón”, afirmou para engadir a continuación que a intervención é unha solución que está dando froitos en Italia ante un problema semellante, precisamente coa mesma empresa.
De igual xeito, o deputado nacionalista apuntou a esta saída ante o carácter estratéxico da planta e pola obriga do Goberno estatal de protexer o investimento e os recursos entregados ás diferentes empresas que foron titulares das fábricas da Mariña. “E estamos pola intervención porque os galegos e galegas tamén temos dereito a que os gobernos se impliquen na resolución dos nosos problemas, porque cos nosos cartos rescátanse bancos e autoestradas e con eles vanse pagar os fondos que cheguen da UE; así que temos todo o dereito, tanto como o que máis, a que os gobernos utilicen os instrumentos e os recursos públicos na solución dos nosos problemas”, rematou.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



