A Mariña, 28 de xullo de 2021. A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero parabenizou hoxe ao Alcalde de Foz e Presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Francisco Cajoto, trala concesión por parte do Ministerio de Industria e Turismo do Plan de Sostibilidade Turística en Destinos para a Comarca da Mariña. “O seu traballo, o seu rigor e a súa coherencia amosan o liderado e o excelente traballo de Cajoto á fronte da Mancomunidade. Unha traxectoria que merece o orgullo e o apoio de tódolos socialistas lucenses”, explicou.
“Recibimos a mellor das noticias, unha nova aposta no eido turístico do Goberno de Pedro Sánchez na Mariña Lucense. Este recoñecemento supón un apoio moi importante para a desenvolvemento turístico na nosa Comarca, e ao mesmo tempo reforza o apoio incuestionable ao traballo do seu presidente e Alcalde de Foz, Francisco Cajoto”, remarca Otero.
“Este novo plan de turismo inclúe ademais un importante volume de recursos económicos, amosando así e de xeito decidido o apoio do goberno de Pedro Sánchez na promoción turística dos nosos concellos. O turismo é unha fonte de actividade económica e benestar para A Mariña, e agora deste xeito, recibe un apoio esencial para desenvolver plenamente o seu potencial durante os vindeiros anos”, sinala a Deputada.
“Agora comprobamos como o traballo e a dedicación teñen a súa recompensa e os Concellos da Mariña foron escoitados en Madrid. E gracias ao compromiso do Goberno de Pedro Sánchez o Plan de Sostibilidade Turística en Destinos da Mariña xa é unha realidade”, resumiu Patricia Otero.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



