Viveiro, 19 de agosto de 2021. O Concello de Viveiro anuncia o pase do municipio a nivel medio de restricións, abandonando así o nivel alto tras a mellora dos datos epidemiolóxicos. A decisión foi anunciada logo da reunión do Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia e implica unha serie de cambios nas medidas sanitarias, sobre todo na hostalaría. Actualmente, contabilízanse en Viveiro 63 casos activos de COVID-19.
Unha vez estas novas medidas entren en vigor, cando sexan publicadas no Diario Oficial de Galicia, os establecementos de hostalaría aumentarán o seu aforo ata o 50% en interiores e o 100% no exterior. No caso do ocio nocturno, os locais estarán ao 50% de capacidade no interior e ao 75% nas terrazas. A hostalaría poderá abrir ata as 01:00, mentres que o lecer nocturno deberá pechar ás 03:00.
Ademais, coas novas medidas manterase vixente a prohibición das reunións entre non convivintes entre as 3:00 e as 6:00. Fóra destes horarios, as xuntanzas non poderán superar as 6 persoas en interiores e as 10 ao aire libre.
Estas novas medidas entrarán en vigor na madrugada do venres ao sábado, unha vez sexan publicadas no Diario Oficial de Galicia. Ata entón, os aforos na hostalaría serán do 30% en interiores e 50% en exteriores, mentres que no lecer nocturno só estarán abertas as terrazas, pechando ambos ás 01:00, segundo o anterior nivel de restricións.
Malia a redución dos contaxios no municipio, o Concello de Viveiro pide coidado á cidadanía para continuar neste descenso dos casos activos e asegurar a saúde dos veciños e veciñas.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



