Foz, 10 setembro, 2021. Este xoves na Casa de Cultura de Foz, numerosos veciños da Mariña completaron o aforo permitido, amosando o seu evidente interese e preocupación po la vaga depredadora de proxectos eólicos. Recibiron información sobre o proxecto Borrasca, que pretende inzar a Mariña con macroaeroxeneradores de case 200 metros de altura, dobrando en dimensión aos instalados no Fiouco ou no Xistral. Veciños de nucleos dos Concellos de Foz, Lourenzá e Mondoñedo afectados po los aeroxeneradores, “autoestradas” (dadas as dimensións) de acceso e subestacións eléctricas, e tamén veciños dos concellos de Barreiros, o Valadouro, Cervo e Xove afectados na evacuación en torres de alta tensión da enerxía xerada. Todos recibiron información detallada da man do experto en impacto do sector eólico, Fins Eirexas e do Tenente de Alcalde do Concello de Foz, Francisco X. Fanego Bermúdez. O BNG de Foz continuará apoiando e informando aos veciños nas suas alegacións. A palestra estará disponible tras ser gravada dado a sua importancia e a imposibilidade de acoller no salón de actos a todolos interesados na información deste expolio.
Aforo completo na palestra que o BNG de Foz organizou para informar sobre proxecto de parque eólico con macroaeroxeradores na Mariña
Aforo completo na palestra que o BNG de Foz organizou para informar sobre proxecto de parque eólico con macroaeroxeradores na Mariña
Relacionado
-
A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862 ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Ana Miranda en Mondoñedo: “Para que o agro galego teña voz directa en Europa é indispensable que o BNG estea na Eurocámara”