Viveiro, 25 de setembro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou hoxe de “inaceptable” a decisión unilateral da multinacional Vestas de pechar a súa planta de Viveiro. Por iso, o líder socialista reclámalle á Xunta de Galicia que paralice esta mesma semana o inicio do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego previsto na factoría. Desta maneira, sinalou Gonzalo Caballero, poderase “gañar tempo gañar tempo para poder buscar solucións para unha planta que ten viabilidade e que ten futuro”.
Tras manter tamén unha xuntanza co comité de empresa e participar na concentración de apoio ao cadro de persoal, Gonzalo Caballero anunciou que o Grupo Socialista levará ao próximo pleno do Parlamento unha iniciativa para que o conselleiro de Economía dea respostas sobre cal é perspectiva que ten a Xunta en relación a esta decisión de Vestas. En calquera caso, remarcou que esta semana que se inicia “é unha semana crucial” e por iso “é necesario que a Xunta tome decisións porque non podemos deixar pasar o tempo”.
Nesta liña, o secretario xeral do PSdeG lembrou que o goberno galego “ten competencias en materia industrial e laboral” e, polo tanto, “ten que paralizar o inicio de consultas do ERE previsto porque hai que buscar unha alternativa para que Vestas poida redefinir a súa posición e, sobre todo, para conseguir manter a actividade industrial e o emprego para os 115 traballadores e traballadoras planta de Viveiro”. “Esa é a nosa prioridade”, proclamou.
Despois de incidir en que a fábrica “é viable e fundamental para A Mariña”, o secretario xeral do PSdeG afirmou que en que a decisión do peche é aínda menos comprensible “cando a fábrica está producindo con capacidade e de forma competitiva despois de que se levasen a cabo investimentos e recibise apoio institucional”. Gonzalo Caballero tamén fixo un chamamento a todas as administracións “para que traballen conxuntamente, a carón do persoal de Vestas en Viveiro, para que a planta non se peche”.
De maneira complementaria, o líder dos socialistas sinalou que “é necesario que a Xunta faga unha política de industrialización activa que aposte polas industrias existentes na Mariña de Lugo”. Ademais, reclamoulle ao goberno galego que formule “un plan de fortalecemento da actividade industrial con novos proxectos e con busca de novos inversores”.
En definitiva, “A Mariña necesita unha política industrial dende a Xunta de Galicia que non se está facendo”. Ademais, Gonzalo Caballero remarca que esta é unha situación que “estamos vendo en moitos lugares de Galicia”. Así, sinalou “o goberno da Xunta non exerce as súas competencias en materia industrial e iso implica que Galicia vai perdendo valor engadido bruto no sector industrial, perde traballadores no sector secundario e a Xunta non dá solución a tantas crises e problemáticas que hai en Galicia, malia as súas competencias e responsabilidades”.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



