Foz, 26 de setembro, 2021. O BNG de Foz amosa a seu máximo interese e plena disponibilidade na resolución favorable para todalas partes, especialmente para as persoas usuarias no conflicto na Escola Municipal de Música Arcadio Mon. As Escolas de Música municipais créanse coa finalidade de formar afeccionados, posibilitan unha organización flexible e adaptada ás condicións de cada lugar. No caso de Foz cumpre unha valiosa función social, formativa e cultural, permitindo o acceso á música a persoas de tódalas idades e recursos.
As escolas de música poden e deben ter unha gran variedade de plantexamentos adaptados ás posibilidades e recursos dos concellos. Por iso, a mellor solución debe ser consensuada co acordo de tódolos membros da comunidade educativa. Diante da discrepancia no funcionamento e adecuación aos recursos da escola de Foz, o BNG ofreceu e ofrece a súa colaboración e mediación para o consenso e lograr un acordo co máximo respecto a tódalas partes implicadas, tamén traballadores municipais. Facemos unha nova chamada ofrecendo plena disponibilidade para acadar un encontro que permita solucionar a situación actual. En todo caso, amosamos coma sempre, o noso apoio á escola Municipal de Música e a tódolos membros do profesorado e alumnado e o aprecio e agradecemento a Felipe Sánchez Fernández polo xigantesco e valiosísimo traballo realizado, confiando en que poda continuar prestando o seu bo facer na nosa Escola Municipal.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



