Cervo, 01 de outubro de 2021. O Concello de Cervo reclama á Deputación de Lugo que remate as obras da vía que daría acceso ao polígono de Cuiña, que comezaron xa hai tempo e deixaron sen rematar.
A obra comezou cunha primeira fase na que a Deputación se fixo cunha parte dos terreos, uns 800 metros dos 1500 totais. A segunda parte do proxecto constaría de facerse cos 700 metros restantes e executar a obra.
Esta estrada conectaría a N-642 á altura de Espiñeirido co parque empresarial, abrindo unha conexión máis sinxela para as empresas establecidas ata a restante rede de estradas.
Trátase dun vial fundamental para as posibilidades do polígono de Cuiña, posto que, a pesar do potencial do mesmo e da súa magnitude, na actualidade presenta importantes deficiencias no referente aos seus accesos.
Esta petición ten carácter reiterativo, posto que xa se leva reclamando desde hai case quince anos, tendo presencia en varias sesións plenarias. A última vez, no pleno celebrado o pasado 5 de agosto no que se aprobou a moción para instar á Deputación a poñer as obras en marcha.
Esta semana o Alcalde Alfonso Villares e a Tenente de Alcalde Dolores García Caramés, reuníronse cos representantes da Asociacion de Veciños de San Ciprián, Jose Luis Sariego e Jaime Barreal, abordando a importancia da finalización deste vial.
Comenta o alcalde Alfonso Villares que “tratamos de poñerlle voz ás empresas que en recorrentes ocasións demandaron un mellor acceso ao polígono de Cuiña. Con esta infraestrutura melloraríase exponencialmente as conexións e a capacidade de traballo das entidades establecidas no parque empresarial e sería un gran incentivo para que seguiran medrando dentro do noso municipio”.
Engade tamén que “é de suma importancia que a Deputación retome os traballos dun vial que levamos tanto tempo reclamando e é de capital importancia para o noso Concello, xa que a finalización deste traxecto sería un gran impulso á hora de establecer novas iniciativas empresariais no noso municipio, algo que sen dúbida repercutiría positivamente no desenvolvemento económico e na creación de novos postos de emprego.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



