A desigualdade xurídica do galego a respecto do castelán xurde da propia Constitución española. Non tanto do seu artigo 3- que dispón a obrigatoriedade do coñecemento do castelán- senón da interpretación que lle foi dando o Tribunal Constitucional, que declarou en maio de 1986 inconstitucional a obriga de coñecer o galego da nosa lei de normalización lingüística e declarou inconstitucional en xuño de 2010 o carácter de lingua de uso preferente do catalán nas Administracións operantes na Catalunya.
Velaí os alicerces xurídicos que perpetuan o galego como lingua minorizada (para nada minoritaria). A Xunta e os concellos non teñen posibilidade legal de impor a obriga do coñecemento da lingua aos xuices, notarios, rexistradores, funcionarios do Estado…Velaí a importancia das accións de discriminación positiva, canda a futura resolución desta anomalía constitucional.
Neste contexto, o Goberno do Estado está a piques de aprobar un proxecto de lei de comunicación audiovisual que non garante mínimos para o galego, euskera nin catalán na programación da cota mínima do 30% dedicada a obras audiovisuais europeas nas plataformas de contidos de TV (Netflix, HBO ou Amazon Prime). O anteproxecto reserva o 50% desa cota a obras en castelán ou en calquera lingua cooficial do Estado, mais non blinda mínimos para éstas. Como tampouco reserva mínimos para o galego no 50% do 5% da facturación que as produtoras que ingresan maís de 50 M€ han reservar para obras europeas.
A gravidade desta decisión (provisional e reversíbel no Congreso se as forzas soberanistas que sosteñen o Goberno do Estado saben xogar as súas cartas e vencellan este debate ao dos Orzamentos de 2022) non atinxe só á exclusión do galego na grella da TV presente e futura, senón á potencia económica do noso audiovisual. Garantir mínimos en galego é potenciar a nosa creación, facer que as plataformas contraten as nosas producións, traballar a prol do “galician noir” e mesmo das nosas localizacións para as rodaxes. Corrixindo deste xeito a intencionalidade recentralizadora do anteproxecto de Nadia Calviño. No lingúistico e no económico.
Calviño defendeu no Congreso que o anteproxecto é axeitado, porque o castelán é a lingua que nos une e, xa que logo, fixar mínimos para o galego “prexudicaria as potencialidades da industria audiovisual española”. Ese mesmo día, dende a mesma ideoloxía recentralizadora no económico e no cultural, Aznar negaba a plurinacionalidade do Estado e máis a utilidade nel dun goberno multinível .
Tiña razón o grande Josep Plà. O máis semellante a un español de dereitas é un español de esquerdas.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



