Nota de Prensa
A protesta non logrou encher a praza da Mariña de Burela, todo iso pese a que a organización fletou autobuses desde Monforte, O Barco e Vigo.
BALSEIRO: PSOE E BNG PERDERON TODA CREDIBILIDADE, XA NON LLES CREN, E POR ISO FRACASOU A MANIFESTACIÓN
* Socialistas e nacionalistas non foron quen de mobilizar nin aos seus propios afiliados.
* Os comercios abriron as súas portas pese ao chamamento da plataforma para pechalas.
* Os veciños da Mariña outorgaron a confianza debida ás palabras do Presidente da Xunta e da conselleira de Sanidade quen repetidamente veñen de garantir a autonomía da área sanitaria da comarca e o seu compromiso serio para o reforzo da carteira de especialidades, servizos e novas dotacións tecnolóxicas e investimentos para o Hospital da Costa.
A Mariña, 26 de xuño de 2010.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro Orol, cualificou como fracaso a manifestación convocada pola plataforma sanitaria que instrumentaliza PSOE e BNG e que tivo lugar no día de hoxe en Burela. Socialistas e nacionalistas non foron quen de mobilizar nin aos seus propios afiliados pois o número total de participantes non superou os 1.500, todo iso a pesar de que se tiñan fletado autobuses procedentes de Vigo, O Barco e Monforte. Os argumentos empregados polos convocantes non convenceron a unha maioría de veciños da comarca nin tampouco aos comerciantes de Burela que abriron as súas portas pese aos emprazamentos da plataforma para que os pecharan.
Jose Manuel Balseiro amosa a súa satisfacción polo comportamento dos veciños da Mariña que co seu rexeitamento maioritario á mobilización que instrumentalizaba PSOE e BNG outorgaron a confianza debida ás palabras do Presidente da Xunta e da conselleira de Sanidade quen repetidamente veñen de garantir a autonomía da área sanitaria da Mariña e o seu compromiso serio para o reforzo da carteira de especialidades, servizos e novas dotacións tecnolóxicas e investimentos para o Hospital da Costa.
NON ENCHERON A PRAZA DA MARIÑA
O secretario xeral dos populares lucenses insiste en salientar que a praza da Mariña de Burela, lugar onde tivo lugar o remate da protesta e se leron os distintos comunicados non estaba chea, dando mostra do fracaso da convocatoria. Este espazo de aproximadamente 900 metros cadrados, non estaba cheo polo que, facendo un cálculo de 3 persoas por metro cadrado, o número de manifestantes nin se achegou aos 1.500.
RESPECTO CRÍTICO
Balsiero Orol sinalou finalmente que malia que respecta ás persoas que decidiron secundar a manifestación e, de xeito destacado, ás que o fixeron de boa fe, a maioría dos veciños da Mariña deron conta de que cada vez se cre menos o discurso do PSOE e do BNG. Está máis que claro que os mariñáns na súa maioría foron conscientes de que esta era una manifestación política baseada en argumentos absurdos e sen fundamento: Non hai partido político máis comprometido coa sanidade na Mariña e con esta comarca que o Partido Popular e o Hospital da Costa lonxe de perder sairá reforzado coa xestión do Goberno que lidera Alberto Núñez Feijoo.





















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



