Lugo, 19 de outubro de 2021. Este mediodía presentouse na Praza de San Marcos a 43 edición do Rally San Froilán, que se disputará a vindeira fin de semana nos concellos de Outeiro de Rei, Friol, O Corgo, Sarria e Lancára e que conta cunha achega de 30.000 euros da área de Deportes.
A proba conta con 105 pilotos inscritos, entre eles, Francisco Dorado, – actual líder do Campionato Galego de Rally-, Jorge Pérez, Alberto Meira, Luis Vilariño, Alberto Nimo ou Adrián Díaz. No acto de presentación, o deputado Efrén Castro destacou a “popularidade do Rally San Froilán, que é seguido por afeccionados e afeccionadas de toda Galiza, e aglutina grandes nomes do motor pero tamén a moitos de pilotos de todas as comarcas, que pasan boa parte do ano preparando os seus coches, buscando patrocinadores privados, e que chegan con moitísima ilusión ao Rally”
Neste senso, o deputado nacionalista lembrou que un dos pilotos participantes no Rally é Jairo Fernández Espín, gañador do Volante Deputación, unha proba promovida pola área de Deportes para que pilotos noveis teñan oportunidade de acceder á competición automobilística.
A presidenta da Escudería Miño, organizadora da proba, M ayte Vilanova, remarcou o alto nivel dos participantes na carreira, “coa vitoria máis aberta ca nunca” e con moitas opcións de rematar “con algún piloto lucense no podio”
No acto, que se celebrou coa presenza en San Marcos dalgúns dos coches que competirán no rally, tamén estiveron presentes representantes de todos os concellos polos que pasa a carreira ademais da subdelegada do goberno do Estado en Lugo Isabel Rodríguez e o xefe de deportes da Xunta de Galiza en Lugo, Manuel Otero.
Programa
O programa do Rally San Froilán comezará o venres en Lugo, coa presenza dos coches no aparcadoiro do Auditorio Municipal Gustavo Freire durante toda a tarde e unha cerimonia de saída, protocolaria, na Praza Maior, a partir das 19.30 horas.
O sábado disputarase a carreira, con cinco treitos a dobre pasada, nos itinerarios marcados nos concellos de Outeiro de Rei, Friol, O Corgo, Sarria e Láncara. O Rally San Froilán volverá así nesta edición a percorrer estradas da comarca de Sarria, por onde non pasaba desde 2017.
O acto de entrega de premios será o domingo ás 12.30 horas na Praza Maior de Lugo.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



