A Mariña, a 28 de outubro de 2021: A CIG acolle con enorme satisfacción o auto do Tribunal Supremo que ratifica, en todos os seus aspectos, a sentenza pola que se declarou a nulidade do ERE de Alcoa, tirando abaixo punto por punto o recurso da empresa. A CIG entende que este tiña que ser o resultado final de todo o periplo xudicial contra o expediente extintivo, tendo en conta a mala fe amosada pola empresa no período de negociacións, como consecuencia da interpretación máis regresiva da reforma laboral.
Para o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, hoxe “vólvese confirmar xudicialmente a razón que asiste aos traballadores e ás traballadoras na súa loita contra os despedimentos e o peche da fábrica de aluminio. Alcoa debe tomar nota, dar un paso atrás e permitir unha solución que garanta a continuidade produtiva e de todos empregos”.
Subliña que “a situación actual de incerteza e ameazas non pode continuar” e se Alcoa non materializa unha saída viábel e verificábel nas próximas semanas, o goberno español e o goberno galego teñen a obriga de aplicar esa solución, procedendo á intervención pública da factoría de San Cibrao para impedir que a empresa poida levar adiante o desmantelamento das instalacións pola vía dos feitos consumados.
“Abonda de inacción e de promesas incumpridas. A vía xudicial está esgotada. Como temos dito en reiteradas ocasións, este conflito non se resolve nos xulgados, ten que resolverse pola vía política. Os tribunais xa non poden ser o parapeto detrás do que se agochen os gobernos”, asevera Carril. Neste senso, advirte que Alcoa ten tomada unha decisión e non quere que se siga producindo aluminio primario na Mariña, por iso urxe a intervención pública, “e canto máis tarden os gobernos nesa necesaria expropiación, máis corresponsábeis serán das decisións que poida adoptar a multinacional”.
A intervención pública, tal e como se evidencia no informe xurídico solicitado pola CIG á UdC, resulta plenamente conforme ao ordenamento español e europeo e podería facela tanto a Administración estatal, como a galega ou ambas as dúas. Pero ademais de legal, esta actuación é perfectamente viábel como pon de manifesto o caso da fábrica de Portovesme (Italia) pechada no seu día por Alcoa e hoxe en activo tras o seu paso polo sector público, a través dunha sociedade similar á SEPI.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



