A Mariña 6 de novembro de 2021. A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a segunda mesa informativa cara á manifestación do 14 de novembro en Compostela colocarase o próximo martes 9 de novembro na porta principal do hospital da Mariña, ás 12 horas. O acto pretende informar a veciñas e veciños dos motivos para mobilizarse en defensa dunha sanidade pública de calidade e nomeadamente da Atención Primaria, que nestes momentos atópase nunha situación de desmantelamento completo, con falta de profesionais, sobrecarga de traballo por ter que asumir pacientes de compañeirxs que piden permisos sen cubrir, orzamentos escasos, e xornadas laborais con pacientes a atender inasumibles. Nesta mesa tamén faremos unha recollida de sinaturas para plasmar a necesidade de acometer profundas reformas do sistema e para manifestar o noso apoio á mobilización.
Lembramos que haberá autobuses gratuítos para acudir á manifestación desde a comarca. Para anotarse hai que chamar aos teléfonos 982 140 654 // 982581861 e 667 052 058. O último día para anotarse será o xoves 11 de novembro.
Derivacións ao HULA por falta de camas no Hospital da Mariña.
O colectivo sanitario tivo coñecemento de que se está a derivar pacientes da Mariña cara ao HULA por falta de camas no hospital da Mariña. Levamos moito tempo dicindo que a ampliación acometida no hospital era mui necesaria máis insuficiente, pois estamos a ver que non resolve os problemas desta comarca. Sempre aseguramos que non iba chegar para un territorio de setenta mil habitantes, máis tivo que facerse aprisa e correndo, sen escoitar nin ter en conta as necesidades, xa que ante a presión social da Mariña “as e os representantes políticos do PP na Mariña puxeron a Feixoo nunha situación comprometida”, refiren xs activistas sanitarixs. Esto é outro motivo máis para acudir masivamente á manifestación do 14 de novembro, pois é a presión social, e solo ela quen fai mudar a vontade privatizadora do goberno da Xunta.
Conclúe a coordinadora da plataforma, Montse Porteiro que “detrás dunha fachada mui bonita atópanse múltiples carencias e poucas o ningunha solucións aos problemas do hospital; nestes momentos de insuficiencia de medios é cando se ve quen é o que realmente está a mentir a mariñás e mariñaos”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



