Ribadeo, 8 de novembro de 2021. O salón de plenos acolleu a presentación de Imos Andar, unhas andainas organizadas por Teresa Díaz coa colaboración da Concellaría de Deportes, que terán lugar os martes e os xoves ás 9:45 horas. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a mulleres e homes de calquera idade que queiran camiñar, socializar e pasar unha hora ao aire libre. O único que teñen que facer as persoas interesadas é presentarse nas escaleiras da praza de abastos, ás nove e media da mañá, os martes e os xoves. As rutas arrincarán o 16 de novembro. No acto de presentación estiveron: Teresa Díaz, promotora da iniciativa; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico municipal de deportes, Iván Rodríguez.
O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinalou que “serán dous días á semana para empezar, os martes e os xoves, de dez menos cuarto a once menos cuarto. Tense pensado unha ruta por estación, pero iso xa sería a desenrolar dependendo da xente que queira facer uso desta iniciativa. Por parte do Concello darlle as grazas á organización e como non podía ser doutro xeito colaboramos ao cen por cen”.
O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “esta iniciativa é pioneira e singular. Desde o Concello queremos coordinar que vaia adiante, pero o máis importante é que haxa voluntarios para organizar, como neste caso temos, e que tamén haxa voluntarios e voluntarias para unha actividade que pretende socializar, aproveitar o tempo para o lecer, para o deporte tamén e, sobre todo, para o benestar. Polo tanto, esperemos que nos próximos días a xente se sume a esta iniciativa”.
A promotora destas andainas, Teresa Díaz, explicou que “é un paseo os martes e outro os xoves, e facer o mesmo paseo durante toda unha estación. Empezaríamos agora o de inverno, que serán pola zona de Ove, que sempre queda algo máis protexida. Os martes sairemos desde a praza de abastos, por San Lázaro, ao chegar á piscina metémonos cara ao Camiño de Santiago pola Faxarda e pola Pega, seguimos polo barrio da Fonte e O Castelo, despois pasamos polo Campín dos Cochos e subiremos por encima do cemiterio de Ove. Despois cruzaremos a estrada de Santa Cruz, iremos por encima da Chousa ata os Chaos de Ove e volveremos pola estrada do Folgosa. Son 4´8 quilómetros, ten un pouco de desnivel ao subir en Ove, pero pouca cousa. Entendo que é totalmente asumible”.
Teresa Díaz engadiu que “os xoves sairemos tamén cara ao colexio público porque a entrada é ás nove e media, pero hai pequenos e pequenas que entran ás dez menos vinte, entón para que nos podían atopar sen chegar á praza de abastos saímos por San Lázaro e continuamos en dirección a Santa Cruz, pasamos a ponte da vía do tren e xa nos metemos por unha vía de servizo que hai xunto á circunvalación para ir ata a zona de Vilar, ir por cerca da autovía e volver pola Granxa, pola Casa do Óptico e outra vez á praza de abastos. Tamén son menos de cinco quilómetros”.
A promotora de Imos andar agarda que “sexan paseos que á xente lle apetezan facer para coidarse un pouco e que se estableza grupo, sería o ideal porque unha vez que se saiba o camiño non importa que xente vaia porque sempre irá xente que saiba a ruta de ir máis veces. Queremos que sexa unha actividade con ánimo de que poida continuar sola”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



