Cervo, 30 de novembro, 2021. A empresa Jofrasa e as representantes da plantilla (2 da CIG e 1 de UGT) levan meses negociando un acordo de empresa que regule as súas condicións de traballo de limpeza da factoría de Alcoa en San Cibrao. Actualmente o convenio que rixe para esta actividade é o convenio xenérico de Limpeza de Edificios e Locais. Para Julita Souto, unha das delegadas da CIG, “o convenio actual , se ben cita a limpeza de industrias, para nada está pensado nin desenrolado para tal”. Porque en Jofrasa ademais da limpeza de todas as instalacións tamén se encargan da limpeza de varios compoñentes do propio proceso productivo e froito dese tipo de traballos, cómpre que se teñan establecidos unha serie de reténs que son susceptibles de ser chamados en caso de necesidade da empresa principal. Este tipo de flexibilidade laboral non está recollida no convenio xenérico. Para Mila Orosa (CIG) “nós non negamos que a particularidade do noso centro de traballo esixe unhas condicións diferentes ás que recolle o convenio, pero entendemos que esas particularidades deben ser negociadas e postas negro sobre branco para saber a que aternos en cada momento”.
Logo de varios meses e varias reunións coa empresa, mesmo con pequenos avances en materia social, as negociacións están encalladas no económico. Para Xoán Díaz da Federación de servizos da CIG, “non se pode permitir, que en pleno século XXI, nun mesmo complexo industrial, coas dimensións e características do que estamos a falar, siga existindo unha enorme fenda salarial entre a totalidade da plantilla da empresa con respecto ao resto de empresas auxiliares e da empresa principal, é inconcebible que se tenten perpertuar certas actividades a ser actividades de segunda”.
Ambas delegadas coinciden ademais en sinalar que están fartas de ser as “cenicientas” do complexo industrial, e que se algo demostrou a pandemia é que a limpeza é un sector esencial, imprescindible e xa vai sendo hora que tamén se recoñeza iso salarial e laboralmente.
Paradoxicamente, a mesma Jofrasa ten asumidos acordos ou convenios de empresa en complexos industriais tan cercanos como o de As Pontes, cunhas condicións económicas moi superiores ás que aquí se están poñendo sobre a mesa. Polo tanto a plantilla decidiu en asemblea que aínda valorando as melloras sociais, non se ratificará ningún acordo que non implique unha mellora económica e que esta abarque ao conxunto da plantilla. E é por isto que logo de que a asemblea de traballadores e traballadoras decidise en asemblea iniciar mobilizacións con concentracións á entrada de mañá do truno ordinario de fábrica, as cales se viñan desenvolvendo os mércores dende o 03 de novembro, unha nova asemblea celebrada o pasado 16 decidiu intensificar ditas mobilizacións, convocándose así unha folga indefinida que comeza este mércores, 01 de decembro. Ao mesmo tempo seguiranse levando a cabo as concentracións co mesmo horario e lugar.
No tocante aos servizos mínimos a empresa convocou ás representantes sindicais a unha reunión na que non houbo acordo. A limpeza, e mais nomeadamente en instalacións privadas, non está recollida pola xurisprudencia como un sector esencial susceptible de ter que asumir servizo mínimo algún. Si o está a sanidade polo que o único servizo mínimo que se podería aceptar sería o da limpeza do servizo médico. A esta hora oficialmente non sabemos se a empresa os vai tratar de impoñer ou non. A representación non recibiu escrito ningún a ese respecto, “ non sabemos se individualmente algun compañeiro ou compañeira recibiu algún escrito de nomeamento, pero entendemos que sería preceptivo que independetemente de que houbese ou non acordo se nos informase a nós nese senso”.
Así mesmo, varios traballadores e traballadoras, en especial eventuais están denunciando, en privado, presións de mandos intermedios da empresa para tratar de boicotear a folga, con ameazas de non renovacións de contrato e ou despedimentos. Para o representante de CIG Servizos, “estase tratando de vulnerar o dereito lexítimo da plantilla a secundar unha folga, isto é algo grave e que estudaremos as medidas a tomar ao respecto”. En todo caso, para as delegadas sindicais “esta práctica é algo que aínda nos dá máis folgos para loitar, se hai presións é porque ven que por fin a plantilla está decidida a defender os seus dereitos, e cando se chega a ese punto ata que se chegue a un acordo xa non pode haber marcha atrás”









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



