Cervo, 14 de decembro, 2021. Despois de 14 días de folga, a dirección de Jofrasa convocaba este martes á representación social para retomar as negociacións para o acordo de empresa que regule as condicións e contemple melloras retributivas e sociais acordes particularidades do traballo de limpeza nas instalacións industriais.
A empresa (que presta o servizo de limpeza en Alcoa San Cibrao) apareceu cunha nova proposta sobre as horas extraordinarias na que se chegou a acordo, pero no relativo aos incrementos salariais trasladou unha oferta moi baixa que ademais pretendía introducir nun plus de dispoñibilidade.
A asemblea de traballadores e traballadoras, explica Xoán Díaz, da CIG-Servizos, rexeitou estas pretensións de Jofrasa, deixando claro que os incrementos teñen que ir ao salario base e que non aceptarán que as subas estean ligadas a ningún complemento, e menos aínda a un plus de dispoñibilidade.
Tras da asemblea, pola tarde continuou a xuntanza coa empresa, á que se lle remitiu unha contraproposta económica, quedando pendentes as partes de volver reunirse ás 17 horas de mañá, mércores, para seguir negociando. Lembra que Jofrasa ten asumido acordos ou convenios de empresa cunhas condicións económicas moi superiores ás que pon enriba da mesa para o persoal que realiza os servizos de limpeza en San Cibrao.
Por iso, o representante da CIG agarda que a dirección reflexione e mova ficha de cara a facilitar un acordo que permita rematar co conflito.
Disposición a seguir na loita
A este respecto, hai que subliñar que despois de 14 días, o seguimento da folga segue sendo practicamente do 100% e a disposición das traballadoras e dos traballadores a continuar na loita até que haxa un acordo satisfactorio para o conxunto do persoal continúa tan viva como o primeiro día.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



