Ribadeo, 20 de xaneiro de 2022. Co propósito de seguir a promocionar a vila como destino turístico o Concello ven de editar o calendario RibadeoXQSi 2022.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “este calendario presenta a ribadenses, peregrinos e visitantes, a gran riqueza e diversidade que ofrece o noso municipio. Un lugar onde descubrir paisaxes naturais espectaculares nos que perderse e nos que practicar todo tipo de actividades, ou adentrarse nun casco histórico único, de marcado carácter ilustrado, e que conecta cun dos máis importantes legados indianos existentes en Galicia. Gozar da súa cultura, onde sempre se atopará algo que ver e facer”.
O edil ribadense indica que “o calendario destaca doce recursos ou produtos turísticos, un por mes, e conta con códigos QR escaneables que permiten acceder á información ampliada sobre o mesmo así como á axenda de eventos e actividades que se ofrecen. O calendario en formato físico, do que se editaron un milleiro de exemplares, estase a distribuír estes días polos aloxamentos hostaleiros, aínda que tamén estará dispoñible para os visitantes na Oficina de Turismo de Ribadeo”.
Vizoso Galdo engadiu que “este novo proxecto foi levado a cabo coa colaboración do Obradoiro de Emprego Ribadeo Prepara o teu Camiño, e incide no esforzo que se está a desenvolver para conseguir un turismo de calidade, menos estacional e máis en consonancia coa idea de facer de Ribadeo un referente turístico na nosa comunidade e potenciar a súa figura como fito indispensable do Camiño Norte de Santiago. O proxecto tamén ten previsto ampliarse con novos formatos accesibles a veciños, peregrinos e turistas, como unha newsletter e un blogue”.
O calendario foi presentado polos concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



