Lugo, a 31 de xaneiro de 2022. Na Deputación de Lugo faise bo o vello dito que asegura que, “na casa do ferreiro, coitelo de pau”. Nunha institución que ten por presidente a un ex sindicalista, como é José Tomé, abundan as queixas entre os traballadores da institución. O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que na Deputación hai “varias frontes abertas, como son sentencias desfavorables á institución, o uso abusivo de Tragsa e o trato discriminatorio e partidista”, que están marcando a nefasta relación de Tomé cos traballadores”.
Os populares din que na Deputación “arrancamos o 2022 no mesmo sentido que se desenvolveron estes dous anos de goberno do Partido Socialista e do BNG”. Castiñeira explica: “Estamos preocupados porque recibimos queixas dende diferentes ámbitos do colectivo de traballadores que nos indican que o goberno provincial non está na senda correcta; aínda máis cando temos constancia de que lles está chegando sentenzas como a dos bombeiros de Vilalba que dan a razón aos traballadores ante o permanente abuso de poder do señor Tomé, que parece que esqueceu o seu pasado sindical”.
En canto a Tragsa, empresa pública do Estado, no PP destacan que os socialistas antes a tildaban de chiringuito e agora “sigue asumindo a xestión de persoal e servizos que entendemos que son básicos e que debían estar, non en mans alleas á Deputación, senón xestionadas directamente polo ente provincial”. O portavoz popular cita “o persoal de limpeza, de xardineiría, a xestión dos catamaráns; este tipo de contratos resólvense con prórrogas millonarias a favor de Tragsa sen pasar polo concurso público, unha fórmula na que os máis prexudicados poden ser os propios traballadores”. É, di Castiñeira, “unha práctica que ademais de tramposa e incoherente co que presumen e pregoan PSOE e o BNG”.
Socialistas e nacionalistas, di o portavoz popular, “sempre critican a externalización de servizos cando están na oposición, pero cando están no goberno son os que máis usan esta práctica”. Destaca que aínda hai outra práctica máis perigosa dos partidos que gobernan na Deputación, “que é a de preocuparse por deixar en postos de traballo da institución a aduladores que teñen dubidosos méritos profesionais e que en ocasións o único que teñen é o respaldo partidista do equipo de goberno”.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



