Lugo, 23 de febreiro de 2022. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que a Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publica hoxe no Boletín Oficial do Estado a resolución pola que se determinan os barcos da Mariña autorizados á pesca da xarda e a distribución das capturas que lles corresponden este ano. A subdelegada anunciou que a cota inicial provisional de xarda que lles corresponde neste ano é de 645.235 kg.
A resolución da Secretaría Xeral de Pesca establece disposicións adicionais de ordenación da peixería da xarda das zonas 8c e 9a para os buques da flota de outras artes distintas as do arrastre e do cerco con porto base na provincia de Lugo. Nela establécense os barcos e o tope de capturas que lle corresponden neste ano e, logo de consultar co sector, fixouse o día 21 de febreiro como data de comezo da campaña
Desa cantidade, resérvanse 612.973,25 kg para os barcos que, realizando as súas capturas con liñas de man e/ou cordel, conten con topes de capturas de kilos (pesca dirixida). O BOE publica hoxe o listado deses 47 barcos e as cotas que lles corresponden. A fixación das cantidade de captura realízase tendo en conta o número de tripulantes medio no ano 2021 estando con porto base na provincia de Lugo, con un máximo de 7 tripulantes. Para as embarcacións que non teñen o ano natural completo con porto base na provincia compútase o perído de alta no Instituto Social da Mariña no ano 2021 que se divide entre os doce meses do ano.
Estes topes serán para todo o ano, ata o 31 de decembro, e non xerarán dereitos históricos para ningún dos pesqueiros. Cada un dos barcos que figuran no listado deberá consumir polo menos o 80% dos kilos que ten asignados para poder ser incluídos no listado do ano 2023. En ningún caso se poderán facer cesións de quilos entre barcos.
Tamén se reservan outros 32.261,75 kg para aqueles barcos que pesquen usando redes de enmalle, barcos de artes menores que usen aparellos de anzol distintos das liñas de mano e/ou cordel e barcos da modalidade de palangre de fondo, volanta e rasco que non están no listado do anexo. Esta reserva distribúese do seguinte xeito: 500 kg por tripulante enrolado e abordo con un tope de 3.000 kg á semana por embarcación. Tamén neste caso a asignación será para todo o ano ata o 31 de decembro.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



