Santiago de Compostela, 11 de marzo, 2022. A deputada do BNG, María Albert defendeu unha proposición non de lei para mellorar o texto da nova Lei de Montes veciñais en man común. Pola súa parte, O PP votou en contra da proposta do BNG para non incluír na nova lei o punto da iniciativa nacionalista referido ás “demandas do sector”.
Para a nacionalista, os montes deben contar con “ ferramentas, orzamentos, políticas e vontades para modernizar, garantir o relevo xeracional e aproveitar as potencialidades daquilo que nos caracteriza e nos fortalece”, e esta garantía temémola, dixo nas
Comunidades de Monte Veciñal en Man Común.
O pasado día 4 de marzo, explicou a parlamentaria do BNG, coñeciamos o comunicado da Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) en relación a un “grave desencontro coa Xunta de Galiza tras negarse a Consellería de Medio Rural a certificar a composición da xunta directiva da ORGACCMM”. Medio Rural argumentou que non consideraba esta organización unha comunidade de Montes e polo tanto “non tiña dereito á representación legal das comunidades de montes que a conforman”.
A deputada, tras cualificar o acontecido de “inédito” , incidiu na idoneidade da “iniciativa do BNG ante un ataque “denodado, sen cuartel, e con obxectivos pouco confesábeis que o Partido Popular está a facer por terra, mar e aire contra as Comunidades de Montes do noso país”.
A ORGACCMM,explicou, ten unha traxectoria de 23 anos de traballo e o seu obxectivo sempre foi a “protección dos montes veciñais e os intereses da veciñanza comuneira fronte aos intereses especulativos e urbanísticos”.
Ante a negativa da Consellaría do Medio Rural a certificar a súa xunta directiva a organización recalca que desde o mesmo momento da súa constitución, “ cumpriu todas as normas exixidas, recoñecida por outras consellerías da Xunta de Galiza como a entidade máis representativa das comunidades de montes e participa en distintos órganos consultivos do goberno autonómico”.
Que pretende a Consellaría con este proceder?preguntou a deptuada. “Ilegalizar a Asociación impedíndolles realizar calquera trámite administrativo cando teñen mesmo, presentado no Parlamento unha Iniciativa Lexislativa Popular para modificar a Lei de Montes?.
Vostedes usaron a “Lei de acompañamento aos orzamentos” para 2022 para introducir importantes modificacións e este ano dedicáronlle especial atención á Montes Veciñais en Man Común. Neste ámbito, dixo, as súas políticas queren “ traspasar, alí onde non exista veciñanza, os montes veciñais a titularidades públicas eliminando dun golpe o seu carácter veciñal” e por outra parte, alegar razóns burocráticas para que un monte veciñal en man común poida ser declarado en estado de grave abandono ou degradado para entregalo á xestión dunha empresa forestal ou madeireira por un período de 50 anos”.
“Unha lei que regula os Montes Veciñais (que ocupan 600.000 has – un 23% do monte deste país) non pode ser modificada pola porta de atrás”. Ademais, a Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común (ORGAMMVV) tense mostrado moi crítica coas reformas lexislativas introducidas, e o pasado 14 de xaneiro rexistraron no Parlamento de Galiza unha “Iniciativa Lexislativa Popular” para a elaboración da nova Lei na que estabelecen as liñas mestras que entenden básicas para que a norma poida satisfacer as necesidades do sector.
A Iniciativa Lexislativa Popular, elaborada por todas as comunidades de montes tenta reforzar “o carácter xermánico (comunal) dos montes veciñais, a mellora do funcionamento asembleario e democrático das comunidades de montes, o recoñecemento da titularidade veciñal como unha máis e distinta das titularidades públicas e privadas, acadar un monte veciñal multifuncional e sustentábel, e unha fiscalidade axeitada á figura e ás funcións dos montes veciñais.
A deputada preguntou ao portavoz popular, Antonio Armada Pérez, si podía defender o seu voto en contra ao contido da ILP ou máis ven si o rexeitamento do PP á iniciativa do BNG estaba relacionado co punto sobre a incorporación das demandas do sector
a nova Lei de Montes veciñais en man común.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



