Cervo, 22 de abril de 2022. O Concello de Cervo a través do Servizo Municipal de Extinción de Incendios, Salvamento e Protección Civil, vai proceder a facer un envío de material para facilitar o traballo dos bombeiros en Ucraína.
No día de hoxe o alcalde, Alfonso Villares e a tenente alcalde, Dolores García Caramés achegáronse ata a sede do GES xunto con Mario Antuña, responsable do Servizo de Emerxencias Municipal e delegado en Lugo da Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos (APTB) onde estaban a preparar o envío de materiais.
Este envío realizarase despois da reunión que mantiveron o embaixador e o xefe de bombeiros ucraíno co presidente da APTB, responsables de bombeiros da Comunicade e do Concello de Madrid e ASELF (Asociación Española de Lucha contra El Fuego ), na que os representantes ucraínos expuxeron as dramáticas situacións ás que se enfrontan día a día os bombeiros en todo o país e solicitaron o apoio a través do envío de materiais para facer fronte ás diferentes situacións que se poden atopar.
Deste xeito, o Concello de Cervo fará entrega de distinto material de intervención en rescates e extinción de incendios entre os que se inclúen dous equipos de excarceración, diverso material de rescate para espazos confinados e 500 litros de espumóxeno, co obxectivo de facilitar o traballo tan complexo que están a efectuar os bombeiros dese país.
O presidente da APTB de Galicia, Juan Jesús Mariño, e Mario Antuña, responsable do Servizo de Emerxencias Municipal e delegado en Lugo da asociación, agradecen a colaboración do Concello de Cervo e dos compañeiros do servizo na entrega deste material.
O rexedor, Alfonso Villares, quixo expresar o seu apoio ao pobo ucraíno e, neste caso, aos bombeiros “que están a facer unha labor moi importante nunhas condicións moi complicadas”.
“Agardamos que o envío deste material permita axudar ao desempeño dos homes e mulleres que traballan como bombeiros neste país” engadiu o alcalde.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



