Ribadeo, 2 de maio de 2022. A Concellaría de Mocidade programa varias actividades para esta primeira quincena de maio. O día 13 terá lugar o Escape Room Noite Meiga. Trátase dunha proba de escapismo e orientación urbana na que poderá participar toda a familia a partir dos 11 anos. Tamén ese día dentro do ciclo O Concello cos Coles haberá un Escape Room educativo titulado Rexeita o Maltrato no colexio Sagrado Corazón. E o 16 de maio está prevista unha sesión de Cine na Rúa coa proxección da película de animación Valentina, unha produción galega e en galego, que foi estreada a finais de 2021 e que recibiu o premio Goya á mellor longametraxe de animación.
A edil nacionalista explicou que “son actividades dirixidas á toda a familia, divertidas e sobre todo para poder disfrutar dese tempo de lecer. A primeira que se vai desenvolver é un Escape Room, que denominamos Noite Meiga e vaise celebrar o 13 de maio ás 20:30 horas na Praza do Concello. É unha actividade totalmente gratuíta, feita por unha empresa especializada neste tema de orientación urbana e probas de escapismo, como é Territorio Comanche, que xa nos visitou e puidemos participar con ela nunha actividade celebrada en setembro do ano pasado”.
Álvarez Lastra subliñou que “é unha proba apta para todos os públicos, simplemente hai que ter 11 anos ou máis. Esta actividade dura 2 horas e para participar hai que formar grupos de 4 a 6 integrantes. E para que poidamos ter os materiais necesarios e todo organizado para ese día é necesario inscribirse na Casa da Xuventude. O prazo comeza hoxe, 2 de maio, e remata o día 11 deste mes ás 14 horas. Pode facerse presencialmente na Casa da Xuventude ou por correo electrónico, á dirección omix@ribadeo.org. O número de grupos é limitado e o acceso será por rigorosa orde de inscrición”.
A concelleira de Mocidade dixo que “a experiencia que fixemos en setembro con este tipo de actividades foi fabulosa para toda a familia e agora convidámosvos tamén a que formedes equipos de 4 a 6 integrantes a partir de 11 anos de idade para participar nesta proba de escapismo e orientación urbana pola noite”.
Mariluz Álvarez seguiu a relatar que “ese mesmo día, o 13 de maio, imos facer tamén un Escape Room educativo. Vai ser no colexio Sagrado Corazón, está dirixido a alumnado de 2º da ESO e denomínase Rexeita o maltrato. É unha proba centrada nese traballo que vimos facendo dun xeito transversal entre Mocidade e o Centro de Información á Muller, da Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, porque nun concello non poden existir compartimentos estancos no que se refire tanto ao divertimento como á formación e á educación dos nosos rapaces e rapazas e das nosas familias”. Esta actividade forma parte do ciclo O Concello cos Coles.
A edil ribadense engadiu que “remataremos esta primeira quincena de maio cunha proposta moi visual: unha proxección da película Valentina. Vamos enmarcala dentro da conmemoración das Letras Galegas, da actividade que se vai facer dende á Área de Cultura, Letras no Campo. É unha longametraxe de animación, de produción totalmente galega e en galego, que foi estreada a finais do ano 2021 e recibiu o premio Goya á mellor longametraxe de animación. Está destinada a idades entre 3 e 7 anos e é unha película que defende a diversidade e que aposta pola inclusión de persoas con diversidade funcional na nosa sociedade, en especial trata as dificultades que teñen as mulleres neste ámbito posto que a protagonista é unha nena con síndrome de down que soña con ser trapecista e vaise vendo, ao longo dunha viaxe máxica, como é capaz de conseguir os seus logros, con esforzo, con tesón e desde logo con axuda da sociedade na que estamos vivindo. Proxectarase ao aire libre o día 16 de maio ás 20 horas”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



