O Tribunal Supremo decidiu no 2007 que unha persoa non podía ser xulgada se só pedía a apertura do xuizo a acusación popular e non o Fiscal nin as persoas prexudicadas. Deste xeito Emilio Botín safou de ser xulgado polo asunto das cesións de crédito comercializadas polo Banco Santander. Claro é que no 2008 o Tribunal mudou a súa doutrina e condenou por desobediencia xudicial ao Presidente do Parlamento vasco, Juan Mari Atutxa (PNV) por non disolver o grupo parlamentario Sozialista Abertzaleak. Porque, como xa saberán nesta altura, no Estado español, o mesmo que na “Animal Farm” de George Orwell, todos somos iguais, pero algunhas sonlles máis iguais ca outras.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) ten desenvolvido nos últimos anos un grande traballo a prol dos dereitos dos consumidores, corrixindo graves erros das leis e da xurisprudencia españolas, como na irretroactividade da nulidade das cláusulas de chan ou na necesidade de analisar condicións contractuais abusivas nas execucións hipotecarias sofridas polas persoas consumidoras.
Mais o 5-M o TXUE resolvía que os accionistas do Popular non poden reclamar do Santander (que adquiriu por un euro o negocio bancario do Popular no marco da liquidación deste banco acordada pola autoridade bancaria europea o 7 de xuño de 2017) a restitución do investido pola compra de accións na ampliación de capital emitida polo Popular en maio de 2016, malia que acrediten a nulidade desa compra por erro substancial no consentimento expresado no intre de mercar as accións.
O TXUE baséase nunha Directiva europea de 2014 que ordena que os accionistas han asumir as perdas dunha liquidación bancaria. Principio xurídico que é correcto, mais que até de agora interpretábase polo 95% dos Xulgados e Audiencias do Estado español no senso de que esa responsabilidade non prexudicaba o exercicio de accións de nulidade ou indemnizatorias polo feito case xeralmente aceptado da desaquelada información ofrecida no 2016 polo Popular, como xa dixeran os Tribunais españois nas sentenzas das reclamacións pola saída a Bolsa de Bankia no 2012 e pola perda de valor parcial das preferentes e subordinadas.
O TXUE dí que a protección dos investidores é un principio esencial do Dereito europeo mais que a estabilidade bancaria é preferente. Mais ésta fica tamén fanada, pois que investir en Bolsa mercando accións de bancos será moito máis arriscado ca mercar eléctricas ou construtoras, cando as necesidades internacionais de capitalización bancarias cada vez son máis esixentes.
O xogo, porén, non rematou. Fica pendente un recurso potente contra o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, xa que esta interpretación atenta contra o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva ao eliminar as únicas accións efectivas para garantir o interese dos investidores. Tamén as reclamacións da diferenza do valor que terían acadado os accionistas nunha liquidación concursal. E segue en curso a investigación penal contra os dous últimos consellos de administración do banco e os seus auditores, da que xurdirán directa e indirectamente pronunciamentos indemnizatorios.



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



