Un total de 135 asociacións benefícianse das viaxes gratuítas pola xeografía lucense nesta segunda tempada da iniciativa coa que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local
Lugo, 18 de maio de 2022. Seis asociacións da provincia de Lugo percorren esta semana a provincia grazas ao programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Unhas 120 persoas da Pastoriza, Lugo e Riotorto, cada un dos seis grupos co seu itinerario, descubrirán os municipios de Taboada, Chantada, Quiroga, Cervo e O Inicio.
Este mércores a asociación veciñal Campo do Cruceiro de Santa Catalina de Pousada, da Pastoriza, arrancará a ruta no Pazo de San Marcos. Logo desprazaranse ata os municipios de Taboada e Chantada para coñecer a igrexa de Taboada dos Freires, a área recreativa Ponte Mourulle, o casco histórico de Chantada, o convento de San Salvador de Asma e o paseo fluvial, ademais de facer unha parada nunha adega.
Neste día tamén se despraza pola provincia a asociación de familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias de Lugo. Emprenden rumbo dende o Servizo de Audiovisuais da Deputación, onde o persoal lle explicará o funcionamento desta área da institución e a súa importancia, e logo visitarán Quiroga, onde visitarán o Museo Xeolóxico e no miradoiro de Campodola, e coñecerán unha adega.
Mañá xoves, os beneficiarios serán os socios e socias da asociación de veciños de Crecente, da Pastoriza. O seu itinerario comeza na Granxa Gayoso Castro, da Deputación, e logo viaxarán ata as localidades de Pantón e Carballedo. No seu percorrido descubrirán o convento do Divino Salvador de Ferreira de Pantón e unha adega, entre outros reclamos turísticos da comarca.
Este xoves tamén se suben ao autobús do Coñece a túa provincia os veciños e veciñas de Santiago de Saa, de Lugo. Tamén visitarán a Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei, pero neste caso viaxan cara A Mariña para achegarse ao concello de Cervo. Entre outras localizacións, vivirán a experiencia de ver como se fai a cerámica de Sargadelos na propia fábrica, tamén percorrerán o paseo dos Namorados e achegaranse á vila de San Cibrao para ver a praia do Torno, descubrir a carpintería de ribeira e o Museo Provincial do Mar.
O venres será a quenda da Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza (ASAPA), que fará un visita inicial á Granxa Gayoso Castro. Dende alí partirán cara Taboada e Chantada para coñecer a igrexa de Taboada dos Freires, a área recreativa Ponte Mourulle, o casco histórico de Chantada, o convento de San Salvador de Asma e o paseo fluvial, e coñecerán unha adega.
Neste día, o venres, a veciñanza de San Xosé de Vilaseca de Riotorto emprende rumbo cara o Pazo de San Marcos para comezar a súa viaxe no marco deste programa provincial. Logo de descubrir este lugar emblemático, o seu itinerario continuará no concello do Incio. Alí visitarán o encoro de Vilasouto realizando unha ruta circular a pé, visitarán á igrexa de San Pedro Fiz de Hospital, a aldea de Ferrería e o monumento ao mamut.
Unha aposta decidida polo turismo de proximidade
Máis de 3.000 persoas de 135 asociacións beneficiaranse das viaxes gratuítas pola xeografía lucense nesta segunda tempada da iniciativa coa que a institución provincial apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local. As saídas terán lugar en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, entre marzo e xuño, e en outono, de setembro a novembro.
Un programa que busca seguir favorecendo o coñecemento da provincia entre a veciñanza, e consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural.
Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas son realizadas por profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e polo persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



