O PP de Baiona ven de amosar o seu rexeitamento á actuación de Quico Cadaval en galego facendo parte do programa cultural de verán do concello onde chegou no 1493 a nova do descubrimento de América. De primeiras os populares miñoranos mesmo alcumaron ao galego de dialecto (despois rectificarían diante da enxurrada de críticas recibidas), considerando que a nosa lingua é axeitada para outras épocas do ano, mais non para o verán porque-disque- hai moitas segundas residencias na área ocupadas por persoas do resto do Estado.
Quico Cadaval é un artista monolingüe en galego nas súas actuacións na Galicia. Baiona é un concello de Galicia e o galego é a lingua propia do mesmo, como tamén do País todo. Moitas persoas galegas, portuguesas ou doutros Estados residen en Baiona na época das férias estivais. Canto ás persoas do resto do Estado que residen nesta época do ano, suponse que están vencelladas á vila e ao concello por vínculos de empatía e afección. É dicir, residen recorrentemente en Baiona todos os veráns porque gostan da contorna, da paisaxe e do clima. Porque gostan da xente de Baiona e da súa gastronomía. Porque gostan da nosa cultura, o que supón gostar (ou polo menos respectar) a nosa lingua. Unha lingua que, ademáis, é medianamente comprensíbel para calquera persoa castelánfalante.
O turismo é unha actividade económica fulcral na economía galega, de Baiona e de toda a bisbarra miñorana. Mais Baiona non é un parque temático. O turismo intégrase aquí a medio de políticas que poñen en valor os seus recursos ambientais, paisaxísticos e culturais. Quen adoita residir en Baiona nos veráns entende e valora a nosa lingua e a nosa cultura, como o facía Gonzalo Torrente Ballester parolando nos seus faladoiros de mañá con Carlos Casares ou con D. Paco Fernández del Riego.
A actitude do PP de Baiona ten, na nosa lingua, un rechamante adxectivo que a cualifica. Eu sonlles máis de suxeito, verbo e predicado ca de adxectivos e velaí que me limite a dicir que unha tal actitude proxecta un grandísimo complexo de inferioridade e unha moi potente falla de autoaprezo. Porque co galego estamos no mundo. Co galego somos quen a descrebir calquera proceso ou concepto científico ou técnico e a crear calquera produto cultural.
Ocorre que o PP, deste xeito, despreza centos de milleiros dos seus electores que naceron e se desenvolveron en galego. Despreza o ADN da galeguidade que disque reivindican. Desprezan, como ben cantou Celso Emilio Ferreiro, a fala nai, a fala dos avós que temos mortos.























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



