A Deputada de Promoción do Territorio e Turismo participou na inauguración do encontro profesional sobre o desenvolvemento turístico en espazos protexidos organizado polo GDR Montes e Vales Orientais e o Xeodestino Ancares Terras de Burón
Lugo, 20 de xullo de 2022. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este mércores en Navia de Suarna na inauguración do encontro profesional sobre Desenvolvemento Turístico en Espazos Rurais e Protexidos, organizado polo GDR Montes e Vales Orientais e o Xeodestino Ancares e Terras de Burón. Esta primeira xornada contou tamén coa presenza do Alcalde de Navia, José Fernández, e do presidente do GDR e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López.
No acto, a Deputada destacou a importancia para a provincia deste tipo de xornadas, que “concordan co proxecto da Deputación de Lugo, pois facemos unha aposta decidida polo turismo como factor de desenvolvemento social e económico do rural a través dun modelo sostible e de calidade, que aproveita o potencial do noso territorio, tanto histórico e medioambiental, como cultural ou gastronómico”.
“Pódese dicir que case todo o turismo da provincia se desenvolve nun espazo protexido, na medida en que o 80% da superficie lucense está declarada Reserva da Biosfera”, destacou Pilar García Porto, quen, neste sentido, ratificou o apoio da Deputación á filosofía MaB (Home e Biosfera) que impulsa a UNESCO para este tipo de territorios porque “pensamos que o coidado do medio ambiente e a súa preservación non teñen que contrapoñerse ó desenvolvemento económico, senón camiñar da man”.
A Deputada mostrouse convencida de que as xornadas inauguradas hoxe en Navia de Suarna van descubrir e analizar “novas formas de combinar as potencialidades do rural para conformar novas e diferentes apostas que atraian visitantes, que xeren riqueza e axuden a fixar poboación”.
A programación
Tras o acto inaugural, o programa continuou cunha mesa redonda sobre ecoturismo na que participou a xestora das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, Andrea Macho, que explicou o traballo da Deputación de Lugo nestes espazos a través de accións medioambientais e turísticas. Na primeira xornada tamén se analizaron Experiencias Alternativas no Rural e a Cultura Local, Rutas e Vilas Históricas.
O encontro remata mañá xoves no concello da Fonsagrada, onde se falará de Territorio e Desenvolvemento Integral e Turismo e Sostibilidade en Espazos Naturais Protexidos. Ademais das mesas redondas, os participantes coñecerán espazos naturais e patrimoniais do territorio e proxectos levados a cabo nalgún destes concellos.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



