Representantes da dirección provincial participaron no acto deste sábado para ofrecerlles a súa colaboración e agradecerlles o seu compromiso
A Pontenova, 30 de xullo de 2022. O PP da Pontenova da un paso máis de cara ao seu fortalecemento coa constitución da xestora que preside Concepción Novo e que dirixirá a formación local co obxectivo de “implicar a todas aquelas persoas interesadas en traballar polo noso concello e os nosos veciños” e “tratar de preparar a mellor candidatura posible para as eleccións municipais do 2023”.
O acto que tivo lugar este sábado contou coa participación de representantes da dirección provincial do Partido Popular coma a súa presidenta, Elena Candia; o coordinador xeral, José Manuel Balseiro; e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal, que se achegaron á Pontenova para ofrecerlles a súa colaboración e “agradecerlles o seu compromiso de traballo”.
A xestora contará con Eleuterio Lavandeira, Julián Calvo, Sabela Lozano, Isabel López e Jorge García; ademais da propia presidenta, Concepción Novo; e os concelleiros do Grupo Municipal Popular David Álvarez Gutiérrez e José Benjamín Pacio como membros natos.
Novo trasladoulles o seu agradecemento “pola confianza e por dar a cara” e sinalou que “temos traballo por diante para lograr nas municipais que o Partido Popular sexa tamén o máis votado na Pontenova igual que nas últimas autonómicas”. Para iso, “queremos contar con todos”. De feito, a xestora é un “equipo aberto á incorporación de todos os afiliados e veciños que consideran que A Pontenova necesita un cambio e que queiran sumarse ao noso proxecto”.
Ilusión e respecto
“Temos moita ilusión por ver mellorar o noso pobo e os servizos aos nosos veciños” e, nesa liña, “queremos ilusionar a máis xente. Queremos contar con todos e traballar dende o respecto e a responsabilidade”, manifestou a presidenta da xestora.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



