Rouco explica que “un informe municipal contradí ao alcalde e ao goberno ao recoller que o Concello de Burela non ten capacidade económica para facer fronte ás necesidades da vila”
Burela, 7 de outubro de 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Burela, Manuel Rouco, advirte de “atrasos inxustificados na tramitación de diversos asuntos de interese municipal. É o caso da adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF), o inventario municipal -que acumulan máis de ano e medio nos dous casos- ou da remisión da documentación a Augas de Galicia para que se poda executar o colector de auga da fase 1 da Edar que acumula seis meses de atraso. “O goberno local non deixa de arrastrar os pés”, segundo sinala o popular.
Rouco considera que “á vista da escasa capacidade de xestión por parte do goberno local socialista é imposible que o Concello de Burela funcione”. De feito, “a situación é critica” tal e como recolle “o informe de intervención aportado para un dos puntos levado ao pleno ao confirmar o que levamos denunciando dende fai tempo dende o Grupo Municipal Popular de Burela: o Concello de Burela, co goberno socialista á fronte, non ten capacidade económica”. O informe sinala que “a cantidade xerada para inversións é insuficiente para facer fronte ás necesidades inmediatas no noso pobo. E isto contradí o que levan defendendo o señor Llano e os seus concelleiros dende o comezo de mandato”, advirte.
O voceiro sinala que “este xoves o Grupo Municipal Popular puxo en evidencia as numerosas e grandes eivas do goberno local de Burela. Demostrou punto tras punto, a pesar do proceder sistémico do goberno de Llano tratando de ocultar información, que cada vez que o goberno socialista intenta facer algo, líaa” como é o caso do “intento de adxudicación” dun servizo moi necesario como é o servizo de axuda no fogar, que leva xa ano e medio de atraso.
No pleno deste xoves o servizo foi encomendado á quinta empresa da lista das doce que concursaron despois de que “as catro primeiras renunciaran sen ser sancionadas polo Concello, xa que o goberno local non lles requiriu ningún aval para poder concursar, algo que é francamente pouco habitual”. Polo tanto, “o servizo de axuda no fogar sairá 27.000 euros máis caro ao ano ás arcas municipais de Burela”.
Propostas para Burela
O Grupo Municipal Popular de Burela conseguiu sacar adiante a moción en contra da decisión unilateral da UE de vetar a pesca de fondo “e tamén conseguiu, por fin, que o Concello regularizara o uso por parte dunha empresa privada de terreos municipais: a instalación de medición ambiental situada nos terreos da escola de música”.
“Unha vez máis a nosa formación foi a que máis mocións levou ao pleno demostrando que ten propostas para Burela e que é a única alternativa posible para a vila ao goberno socialista”, conclúe Rouco.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



