Foz, 22 de novembro de 2022. Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero o Concello de Foz organiza unha concentración este venres, día 25, con lectura dun manifesto e tamén de textos por parte do alumnado do IES de Foz contra a violencia de xénero e na defensa dos dereitos das mulleres de todo o mundo.
A concelleira focega Ana Rojo explica que “este ano o Concello de Foz, a través da área de Muller e Igualdade, conmemora o 25N (Día internacional contra a violencia de xénero) cunha serie de actos que comezou cunha andaina organizada pola asociación de camiñantes de Barreiros, coa colaboración de Mulleres en Igualdade da provincia de Lugo, xunto coa asociación Os Sendeiros de Foz, onde recollemos o testigo como símbolo da loita contra a violencia de xénero e a repulsa de todo o pobo de Foz. Ano tras ano este testigo irase pasando entre todos os concellos participantes para crear a ruta da reflexión de banco a banco; os bancos violetas unidos por unha mesma causa: o rexeite de toda violencia cara á muller”.
Ana Rojo engade que “unha vez máis colabora coa Delegación de Muller e Igualdade o alumnado do IES de Foz, nenas e nenos de 1º a 4º da ESO, coa temática relacionada coa violencia de xénero. Como resultado destes traballos lograron plasmar nun mural as violencias que se dan sobre as mulleres de todo o mundo e alzar a voz na defensa dos seus dereitos. Dito mural estará exposto ao público en xeral diante da Casa do Concello, sumándose así ós actos de conmemoración do 25N. Inclúese dentro destes actos un taller para nais e pais, que se impartiu este luns na Casa da Cultura. A temática: a sexualidade na infancia e na adolescencia e perigos nas redes, impartido pola poñente Raquel Graña. Foi organizado pola Anpa do IES en colaboración co Concello de Foz”.
Ademais a concelleira de Muller e Igualdade anuncia que este venres, 25N, terá lugar a inauguración dun banco violeta “para a reflexión e rexeite da violencia de xénero, símbolo da unión de toda a cidadanía na loita contra o maltrato e a violencia machista. A continuación haberá unha concentración na Praza do Concello as 17:30 horas, con lectura do manifesto contra a violencia de xénero. Participarán con nós alumnas e alumnos do IES de Foz, que procederán ás lecturas dos textos que forman parte do traballo que desenvolveron de cara ó 25N. No mesmo acto, recordando ás mulleres asasinadas e ós seus fillos, procederase á colocación dun panel en negro onde figurarán os seus nomes, en sinal de respecto e homenaxe póstumo as vítimas. Ó remate gardarase un minuto de silencio polas vítimas”.
Ana Rojo tamén dá a coñecer que “nestes días o Concello inaugurará un segundo banco violeta para crear espazos de reflexión e visibilizar no mobiliario urbano o rexeite da violencia de xénero, na procura do respecto e da igualdade en todo o pobo de Foz. E dentro destes actos os días 12 e 14 de decembro impartirase un curso de autodefensa persoal para mulleres, ensinando técnicas para zafarse ante situacións violentas. As interesadas poden contactar co departamento municipal de Servizos Socias no teléfono 982.13.35.66”.
Para rematar Ana Rojo agradece “ós alumnos e alumnas, profesorado e á Anpa do IES de Foz a súa implicación e colaboración co Concello; a Mulleres en Igualdade e a Os Sendeiros de Foz por participar e acompañarme na andaina e na recollida do testigo, que estará depositado no noso concello ata a entrega o ano que ven ó seguinte concello participante na ruta dos bancos violetas. Foz toma partido e di non ó maltrato e si o respecto e á igualdade”.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



