As vivendas tuteladas de emerxencia social están proxectadas nas antigas vivendas dos mestres, a carón do colexio dos Castros
Burela, 30 de novembro de 2022. O Grupo Municipal Popular de Burela vén de rexistrar unha moción que se debaterá este xoves no pleno ordinario da corporación local “a prol das vivendas tuteladas de emerxencia social que a congregación Hijas del Divino Celo Rogacionistas están tratando de poñer en marcha con moito esforzo e sacrificio en Burela. Concretamente, onde estaban as antigas vivendas dos mestres, a carón do colexio dos Castros”.
O Grupo Municipal Popular proporá no pleno, a petición da propia congregación, que o Concello devolva a taxa da licenza cobrada, tal e como é habitual noutros concellos da Mariña e que os populares consideran que “é preciso e de xustiza”. Igualmente, consideran “necesario que o Concello faga unha aportación económica de 30.000 euros para garantir a execución do proxecto que, agora mesmo, pende dun fío; xa que se deben cumprir os prazos establecidos”.
O voceiro, Manuel Rouco, sinala que “isto non debería ser un problema para o Concello; xa que é unha obra que vai quedar para o patrimonio municipal”. É, polo tanto, “unha boa oportunidade para que o goberno local deixe de facer unha mera propaganda publicitaria e materializar aquilo que pregoa, especialmente nun asunto tan importante e tan sensible”.
O popular explica que “este tipo de vivendas, que por circunstancias da sociedade actual son cada vez más necesarias, son un ben que acabará revertendo no concello, tal e como especifica o convenio asinado entre a congregación e o propio Concello”. Para os populares “isto supón un peldaño máis na obra social que esta congregación, asentada en Burela dende fai xa un par de décadas, está a levar a cabo de forma desinteresada”.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.


