Nota de Prensa
O GMPP afirma que se fixeron obras sen licencia municipal nun establecemento comercial vinculado coa muller de González Legaspi.
Os populares piden acceso ó expediente administrativo.
Consideran que “o alcalde é o responsable directo de tal situación”.
O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela presentou antonte luns no rexistro do concello de Burela un escrito solicitando o acceso ó expediente de concesión de licencia de obra para un establecemento comercial, licencia solicitada pola muller do concelleiro nacionalista José González Legaspi. O escrito de petición de licencia entrou no concello o pasado día nove de agosto, e fai mención a obras a realizar no establecemento comercial denominado “Brianda moda”, para a colocación de pladur, etc. Os populares aseguran que no interior se estiveron a facer obras durante a semana pasada, co que se está a incumplir a ordenanza municipal ó respecto, que indica claramente que a licencia de obra é preceptiva para o comenzo das mesmas, e mentres non esteña concedida as obras non poden comenzar. A licencia de obra ainda estaba sen conceder antonte, luns, o mesmo día que o GMPP presentou o escrito no concello.
Para o GMPP, os membros da corporación son os primeiros que teñen que dar exemplo en todo. Poderíase entender que un cidadán normal actúe por descoñecemento, pero este non é o caso. Polo tanto, se a un cidadán de a pé se lle pide que actúe consonte á normativa legal vixente, con máis motivo lle hai que pedir o mesmo a un membro da corporación.
Os populares consideran que o responsable directo desta situación é o alcalde, porque se quere aguantar o bigoberno tén que tragar o que ninguén tragaría. Ademais, o alcalde tívose que enterar do que estaba pasando, porque, por un lado, el pasa a miudo por cerca do local en cuestión, e tivo que ver o contenedor de obra que había fronte ó mesmo; e por outro, é o alcalde quen asina o decreto de concesión de licencia. Asi que, como cego non é, non queda outra conclusión que decir que “non é cego que non ve, senón quen non quere ver”, ou sexa, que o alcalde ou non se entera ou non se quere enterar, ou as dúas cousas ó mesmo tempo, o que realmente é preocupante.
Os populares confían en que o alcalde non retrase a entrega desta documentación ó GMPP. É máis, pídenlle ó alcalde que explique o porqué se deixou facer obra nese local comercial sen ter concedida a correspondente licencia e se esta forma de proceder se pode aplicar a calquera cidadán.






















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



