A Fonsagrada, 13 de decembro, 2022. O operario que realizaba traballos de tala nun monte, no lugar de Sudros, en San Pedro de Río (A Fonsagrada), resultou ferido tras caerlle unha árbore enriba.
Finalmente, aínda que ata o lugar se desprazou un helicóptero medicalizado, debido ás malas condicións do terreo, de gran pendente, foi necesaria a intervención do helicóptero de rescate, Pesca II, do Servizo de Gardacostas de Galicia, que rescatou ao ferido e trasladouno ata o heliporto de Celeiro. Alí, o agardaba un equipo médico para practicarlle os primeiros auxilios. Unha vez estabilizado, o paciente foi trasladado nunha ambulancia medicalizada do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Cómpre recordar que o 112 Galicia tivo constancia do accidente ao fío das 13 horas deste mediodía, a través dun compañeiro do operario que resultou ferido.
A partir de aí, os xestores de emerxencias puxeron en marcha o operativo no que participaron ademais dos servizos sanitarios de urxencia e do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



