O presidente da Xunta visitou as instalacións da firma en Outeiro de Rei, recentemente adquiridas por Industrias Lácteas Asturianas
Outeiro de Rei, 17 de xaneiro de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, valora a aposta de Reny Picot para contribuír a que Galicia transforme no 2025 o 75 % do leite producido na Comunidade. O mandatario galego aplaudiu o investimento de Industrias Lácteas Asturianas (firma máis coñecida pola súa marca comercial) e asegurou, nunha visita ás instalacións adquiridas pola empresa de Navia en Outeiro de Rei, que esta aposta por recuperar a explotación chaireg dará un pulo á contorna e a toda Galicia: “Aquí empeza un futuro moi prometedor”, dixo.
A meta por acadar no ano 2025 unha porcentaxe de transformación do leite forma parte da Estratexia de dinamización do sector lácteo, na que se fixaron unha serie de obxectivos que se están a cumprir. Entre eles, a consolidación de industrias en Galicia -como Reny Picot en Outeiro de Rei ou Queserías Prado en Monforte-, a apertura de mercados -a través de certificacións como o selo Galicia 100%, de produtos alimentarios ligados á marca Galicia Calidade ou do futuro selo de leite de pastoreo-, a fortaleza da cadea de valor ou as políticas levadas a cabo para acadar un prezo do leite máis competitivo que reverta nunha mellora da calidade de vida dos gandeiros galegos. Alfonso Rueda destacou os logros acadados e valorou que os leven a cabo “os que realmente saben, as empresas do sector”.
O sector lácteo mostrou a súa fortaleza cando superou momentos de incertezas como os vividos primeiro coa pandemia e logo coa crise internacional provocada pola guerra de Ucraína. Nesas circunstancias difíciles quedou claro que estamos perante un sector moi potente e con moito potencial, unha das primeiras rexións lácteas produtoras da Unión Europea e líder en España que conta, só na provincia de Lugo, cunhas 3.000 explotacións, e que non deixa de investigar para crear e comercializar novos produtos derivados cada vez máis demandados polos consumidores.
Aposta por un sector con pasado e con futuro
En recoñecemento a esta traxectoria e na confianza que ofrece o seu potencial, o Goberno galego apoiou o sector lácteo coa achega a unhas 6.500 explotacións de máis de 55 millóns de euros transferidos polo Estado a raíz do conflito bélico internacional.
Ademais, habilitáronse anticipos das axudas da PAC (Política Agraria Común) por valor de 200 millóns, activáronse liñas de crédito, ideáronse campañas de promoción e ofrecéronse expectativas de futuro con medidas como a Lei de recuperación da terra agraria, que xa está mobilizando 9.300 hectáreas co obxectivo de reactivar terras abandonadas e ampliar a base territorial das explotacións.
O presidente da Xunta, que visitou as instalacións acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, agradeceu a Reny Picot a súa aposta por Outeiro de Rei, “facendo patria en Galicia”, e animou a outras firmas do sector a seguir na mesma liña para que Galicia se consolide como unha potencia láctea en Europa e en España.
Alfonso Rueda avanzou que a Xunta seguirá traballando na defensa duns sectores primarios que non só están ligados á tradición galega senón tamén ao seu futuro, e que nese obxectivo, ademais da Estratexia do lácteo, o Goberno galego impulsou tamén a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas e a Estratexia de dinamización do sector cárnico, recentemente presentada.




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.


