Os populares lembran que en Barreiros hai unha grave carencia de prazas para estacionar, o que constitúe un serio problema tanto para os veciños como para os visitantes
Barreiros, 18 de xaneiro de 2023. No núcleo urbano de Barreiros hai un acusado déficit de aparcadoiros. Con bo criterio, no seu día, mediante acordo cos propietarios dun terreo situado fronte ao centro de saúde, o Concello habilitou un aparcadoiro. O terreo está en moi mal estado, de xeito que a día de hoxe nalgunhas zonas é un verdadeiro lameiro. O portavoz municipal do PP, José Manuel Gómez Puente, reclama da alcaldesa, Ana Ermida (BNG), que adopte as medidas precisas para acondicionar o citado aparcadoiro, que tan necesario é, en xeral en Barreiros, e máis para quen ten que acudir ao centro de saúde.
Gómez Puente sinala: “Cando pedimos ao goberno local que adopte medidas para mellorar o aparcadoiro, alega que se trata dun terreo privado. E nós non entendemos que ten que ver a condición de privado co feito de que o Concello, que supoñemos que no seu día chegou a un acordo cos propietarios, non faga nada para mellorar o firme”.
O portavoz popular tamén di: “Tal como está de esvaradío, calquera día pode producirse un incidente no que se vexan implicados vehículos e peóns e, entón, si que haberá complicacións. O aparcadoiro é moi necesario, pero hai que telo nas condicións adecuadas”.
Gómez Puente insiste unha vez máis na súa demanda ao goberno local: “Déixense de escusas e fagan o que teñen que facer; falen e acorden cos propietarios se o teñen que facer, pero póñanse mans á obra para mellorar este aparcadoiro tan necesario, especialmente para as persoas que precisan os servizos do centro de saúde”.



















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada



