A última reforma do Código Penal, que recibiu o apoio case total da maioría da investidura, suprimiu un delicto de sedición que non ten acollida no Dereito Penal común á maioría dos Estados da Unión Europea. Porén, introduciuse o delicto de desordes públicas agravadas, que pune coa cárcere durante tres a cinco anos a invasión de edificios e instalacións ou a obstrución ou curte de vías públicas cando se desenvolvan por multitudes nomeadamente aptas polo seu número, finalidade e organización para afectar de xeito grave á orde pública. A mesma reforma introduciu un delicto de malversación máis lene (punido con cárcere por tempo entre un e catro anos) cando non exista ánimo de lucro propio ou alleo, mais si unha xestión de fondos públicos afectándoos a finalidades distintas ás previstas legalmente.
Deste xeito abeirábase o Dereito Penal español ao ronsel dos demáis Dereitos Penais europeos e da Convención das Nacións Unidas contra a corrupción de 2003, que non recoñece como delictos de corrupción as modalidades de malversación e prevaricación nas que non exista en acto ou potencia o arrequecimento proprio ou de terceiro.
Porén, Pablo Llarena-o maxistrado do Tribunal Supremo que instrúe a causa contra os políticos cataláns exiliados- deixou sen efecto as euroordes anteriores para o arresto e extradición destas persoas no ámbito da EU, ao considerar que a sedición xa está despenalizada. Mais mantivo a acusación contra Puigdemont, Puig e Comín polo delicto de malversación máis grave, que esixe ánimo de lucro e pode ser punido até con doce anos de cárcere. E xustifica esta desaquelada conclusión na suposta existencia do ánimo de lucro nos tres políticos por ter destinado fondos públicos a fins ilegais como o referéndum do 1-O de 2017, esquecendo que na sentenza definitiva dos xa condenados nin as acusacións nin o Supremo definiron unha malversación por desfalco, senón por administración desleal. Eis o partidismo da súa interlocutoria.
Esta tese foi asumida pola Fiscalía (seica co visto e prace do Fiscal Xeral promovido por Pedro Sánchez ) e pola Avogacía do Estado, directamente dependente do Goberno central. Ambas as dúas acusacións chegaron máis aló, ao pedir o procesamento de Puigdemont, Ponsatì, Comín e Puig polo delicto de desordes públicas agravadas, descoñecendo que o próprio Llarena recoñece que iso non é posíbel por faltar em todos eles calquera conduta violenta ou intimidatoria..
O mesmo Goberno do Estado que promoveu a reforma legal desenvolve agora unha (i(lóxica represiva, tentando, quer unha moi improbábel extradición do president Puigdemont, quer o esquecemento por parte do seu electorado da devandita reforma, que seica lle ten xerado prexuizos en termos demoscópicos, malia que fosen mais ben produto da falla tanto de pedagoxía como do control dos tempos políticos.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



