A peza teatral sobre a catástrofe do Prestige será o primeiro evento cultural deste semestre
Viveiro, 6 de febreiro de 2023. O Concello de Viveiro inicia este sábado, 11 de febreiro, a programación cultural do primeiro semestre do ano, coa aclamada obra teatral N.E.V.E.R.M.O.R.E. A peza é unha coprodución da compañía teatral Chévere e o Centro Dramático Nacional, mentres que a dramaturxia e a dirección están a cargo de Xron.
Esta obra teatral recorda a traxedia do Prestige co obxectivo de que este capítulo da historia galega non caia no esquecemento. A peza, con melodías do cancioneiro tradicional galego, acude á memoria colectiva do pobo galego, quen no ano 2002 fixo fronte a unha terrible catástrofe.
A cita será ás 20:30 no Teatro Pastor Díaz. As entradas poden adquirirse a un prezo de 5€ (3€ estudantes e xubilados/as) na propia taquilla do teatro de luns a venres de 9:00 a 14:00, no teléfono 982560162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es.
Con esta peza, o Concello de Viveiro inicia o seu programa para este semestre no Teatro Pastor Díaz, no que se ofrecerán espectáculos a prezos reducidos, co obxectivo de achegar a cultura a toda a cidadanía.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



