Mirar ó ceo en Galicia significa, moitas veces, ver unha masa nubosa sobre as nosas cabezas. Mais, moitas outras, mesmo nas longas noites de inverno, aparece un ceo estrelado que invita á tranquilidade e o desfrute do firmamento entre o frío reinante. Luns era unha desas, totalmente despexada nos seus comezos á beira do Cantábrico. Aínda se vían Venus e Xúpiter, e, no case no cénit, as Pléiades. Eran cousa das oito e cuarto da noite. Nun paseo, fíxome que unha ‘estrela’ se move. E penso nun avión. Pero inmediatamente vexo outra movéndose tras ela. Dous avións en formación! Mais pronto fíxome noutra, e outra, outra… e decátome: é un tren de satélites de Starlink movéndose sobre o fondo de estrelas. Aparecen pola veciñanza de Xúpiter e desaparecen por riba das Pléiades. Tiña visto algún satélite solto aparecer, pero ata luns, nunca oito ou dez xuntos, aparecendo máis por unha beira, cara á posta de Sol, mentres ían desaparecendo pola outra, unha vez que perdían a luz solar ó esconderse tras o planeta. E así, unha morea. Calculo que vin máis de cincuenta ata que se interrompeu o pase. Polo medio, algún oco parecía dar nota dun lanzamento que non chegou a bo fin. Só un caso deixaba oco para outros dous satélites que deberían estar alí.
A visión do ceo despexado, a máis de fermosa, axudounos ó longo dos milenios a formar unha concepción do mundo no que vivimos, e polo tanto, do que somos. Un elemento estraño alí arriba pode ser bonito como novidade, e por suposto, sorprendente pola alteración que representa. Mais isa distorsión precisamente representa un cambio na nosa visión do entorno, que remata influíndo no sentimento do que somos, máis aló da facilidade que representa para as telecomunicacións e internet, uso dos satélites da ‘Constelación Starlink’, que así se lles chama, constelación, por mor do agrupamento de estrelas en figuras no ceo, as constelacións.
En certo xeito, tamén dificulta a comprensión científica e a exploración e uso do espazo, pois milleiros de satélites xirando e lucindo sobre as nosas cabezas rematan producindo moitos máis milleiros de residuos espaciais descontrolados, partes de satélites que son un perigo nos lanzamentos e circulación arredor da Terra. Un parafuso pequeno orbitando a varios quilómetros por segundo, velocidade orbital típica, atravesa parecedes, por non dicir traxes e testas de astronautas.
Pero si, a sorpresa de velos a primeira vez, non ma quita ninguén.
Por certo, despois de velos, probei e poden descubrirse en programas libres para ordenador ou móbil. Por exemplo, no Stellarium, do que tomei capturas de pantalla para poder explicalo mellor.







O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



