A Mariña, 16 de febreiro, 2023. Mulleres do Observatoiro da Mariña pola Igualdade [OMI] e dos colectivos Comisión de igualdade do CIFP Porta da Auga, Comisión de igualdade do IES Dionisio Gamallo, Confederación Interesindical Galega [CIG], Meigas Bravason, Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos [MODEPEN], Programa de Lecer e Revitalización no Rural do Concello de Ribadeo, Sindicato Labrego Galego [SLG] e Vacas Fracas, reivindicarán o 8M cunha manifestación feminista en Ribadeo.
A mobilización terá lugar o mércores 8 de marzo ás 20:00h. Con saída desde o aparcadoiro público situado ao carón do IES Dionisio Gamallo, a manifestación percorrerá a Avda. de Galicia, a Rúa Reinante, a Rúa Villafranca del Bierzo e a Rúa San Francisco ata chegar á Praza de España para concentrarse, finalmente, diante do Concello de Ribadeo.
Como vén sendo habitual nos últimos anos, feministas da comarca levan semanas organizando a campaña para o 8M cuxo lema principal será “Feminismo día a día. Polos nosos dereitos, polas nosas vidas”.
As organizadoras queren poñer o foco en que o feminismo é máis necesario que nunca xa que están en constante vulneración e cuestionamento dereitos das mulleres que deberían estar consolidados fai décadas na axenda. Do mesmo xeito, afirman, é imprescindible visibilizar que as fendas de xénero lonxe de reducirse van en aumento, nun contexto de crise permanente que intensifica a vulnerabilidade, a discriminación e a revitimización das mulleres en todos os ámbitos (laboral, sanitario, coidados, xustiza…).
Desde a organización inciden en que a formación con perspectiva de xénero e o desenvolvemento de políticas públicas feministas son piares básicos para promover un modelo económico, social, político e cultural baseado na
equidade de xénero.
Con anterioridade á manifestación feminista do 8 de marzo colocaranse varias faixas en puntos de moito tránsito da comarca que conterán unha frase de Begoña Caamaño que irá acompañada por unha ilustración de Abi Castillo. Do mesmo xeito, na fin de semana previa ao 8M realizaranse obradoiros de creación de materiais para a manifestación, como lemas e cartaces, así como talleres de batuke, xa que a idea é que un grupo de batukeiras acompañe o bloque non mixto da cabeceira da manifestación, onde irán colectivas feministas e mulleres, e ao que seguirá o bloque mixto. Tamén está prevista a venda de chapas para recadar fondos.
Todas aquelas mulleres que desexen sumarse para construir xuntas este 8M e para participar nos diferentes grupos de traballo de coordinación da mobilización podes escribir a observatorioigualdade@gmail.com.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



