Estas actividades súmanse ao ciclo de concertos de acceso libre e gratuíto Con voz de muller e á exposición Elvira López Mourín. Unha enfermeira de altura que ten preparado a institución provincial con motivo do 8-M
Lugo, 27 de febreiro de 2023. A Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores un programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, unha iniciativa que forma parte do modelo asistencial implantado nas residencias pola institución provincial en colaboración cos concellos e que ten como un dos obxectivos centrais a plena integración dos usuarios e usuarios na vida social e cultural do concello no que residen.
Os maiores vivirán unha xornada especial, pois vestiranse con traxes tradicionais galegos cedidos polo Centro de Artesanía e Deseño da institución provincial. O Servizo de Audiovisuais da Deputación encargarase de fotografalos con esta vestimenta típica, coa que contarán e repasarán a súa historia e a evolución da sociedade en canto aos dereitos e a igualdade das mulleres. Cada centro contará cun día para conmemorar o 8 de marzo dende este luns e ao longo do mes de marzo.
Así mesmo, os residentes elaborarán uns broches en forma de sombreiro que simbolizan o que cargan as mulleres na sociedade. As pezas serán entregadas na contorna dos centros de maiores, como colexios, tendas ou centros de saúde para dar visibilidade á súa participación no Día da Muller.
Concertos gratuítos esta fin de semana en Vilalba, Taboada, A Fonsagrada e Viveiro
As actividades na residencias súmanse á programación que organiza a Deputación de Lugo para celebrar o Día Internacional da Muller. Así, este venres, día 3 de marzo, arranca a segunda edición do ciclo de concertos Con Voz de Muller 8-M, de acceso libre e gratuíto, coa actuación da Banda da Loba no auditorio Carmen Estévez de Vilalba, ás 20.30 horas. Caamaño&Ameixeiras soará o sábado 4 na praza Riazón de Taboada, ás 19.00 horas; e o domingo será a quenda de Catuxa Salom, no Salón de Actos dos Chaos da Fonsagrada, e Margarida Mariño, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, en ámbolos dous concellos tamén ás 19.00 horas.
Ademais, o vindeiro luns, 6 de marzo, a Deputación inaugurará no Pazo de San Marcos a exposición Elvira López Mourín. Unha enfermeira de altura, unha mostra impulsada pola Academia de Enfermería de Galicia e o Colexio de Enfermería de Lugo, coa que colabora a institución provincial. A exposición busca dar a coñecer a figura desta enfermeira lucense, que fai cen anos converteuse na primeira en participar nun voo médico sobre o territorio inimigo no conflito do Rif. A Deputación tamén colaborou coa edición do libro sobre a vida desta sanitaria, un proxecto ao que dedica 9.000€.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



