A sección de atletismo do Maderas Barcia Lourenzá Cervo está a ser espectucular. Este domingo en Ourense, Carmen conquistaba o título autonómico con una puntuación de 2507 puntos. Comezaba con 60 valados, sendo 3ª con 10,45 e marca persoal do ano. A proba de altura, 1ª con 1,52 e nova marca persoal. A continuación, peso, sendo 5ª pero con mellor marca persoal de 7,41. Na lonxitude conseguía ser 6ª con 4,17 e marca persoal; e por último no 800 lisos, 2ª con un tempo que lle valía o título con 2,44. Ademais, Brais Díaz Salas ofreceu un superconcurso cun mellor lanzamento de 13,07 que supón tamén a súa mellor marca personal da tempada e que lle valía o campionato autonómico.
Carmen García e Brais Díaz, campións autonómicos sub 18

Carmen García e Brais Díaz, campións autonómicos sub 18
Relacionado
-
A Deputación apoia a XIII edición do Festival Aturuxo de Bravos, que se celebrará os días 19 e 20 de xullo
-
Cervo será escenario este domingo da XVIII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer
-
Coa visita de mascotas, con doce, velas e menú conmemorativo tivo lugar a celebración do 6º aniversario da posta en marcha do centro de atención a persoas maiores de Ribadeo