Castiñeira lembra que “cando se acometeron as obras da avenida da Mariña e de Álvaro Cunqueiro, de moita máis envergadura e con moitos máis afectados, creáronse prazas de aparcadoiro alternativas e fixéronse as obras por metades”
Foz, 8 de marzo de 2023. Agora que aguilloado pola proximidade das eleccións locais, o alcalde, Fran Cajoto (PSOE), sente présa por facer as obras que non fixo ao longo do mandato, queda en evidencia a súa incapacidade para xestionar o desenvolvemento dos proxectos sen causar graves prexuízos aos veciños, como pon de manifesto o portavoz popular, Javier Castiñeira: “Acumúlanse as queixas dos veciños afectados polas obras nas rúas entre a glorieta de Vilalba e o Campo da Cabana”.
Castiñeira explica: “Os residentes en 22 vivendas das 29 existentes na Praza de Galicia firman un escrito solicitando o cambio do proxecto e moita máis información sobre as obras que se pretenden levar a cabo en dita praza; non é admisible que o goberno faga obras sen ter informados aos veciños, como leva dicindo o PP dende que soubo do proxecto”.
Os populares indican que “os veciños atópanse con sorpresa con obras coas que non contaban”. No escrito, “os veciños, practicamente da totalidade das casas, porque hai algunha deshabitada, alegan que a maior parte das vivendas carecen de aparcadoiro e que o proxecto de Cajoto elimina máis da metade das prazas sen ter unha alternativa riba da mesa”. Castiñeira sinala que moitos destes veciños son maiores, non foron informados e temen que lles pase como aos veciños de Curros Enrique, perder o pouco aparcamento que teñen e que deben compartir con usuarios e profesores do colexio número 1 e, no verán, cos turistas”.
Castiñeira di: “Unha vez máis, dende o PP rogamos ao señor Cajoto que escoite aos afectados e que se deixe de antepoñer os seus intereses electorais por diante dos intereses dos veciños afectados”. Lembra que “cando se acometeron as obras da avenida da Mariña e de Álvaro Cunqueiro, de moita máis envergadura e con moitos máis afectados, creáronse prazas de aparcadoiro alternativas e fixéronse as obras por metades, para facilitar o acceso aos veciños e aos negocios; agora faise o contrario: elimínanse aparcadoiros e, os que hai, úsaos a empresa contratista, para o seu acomodo, e fanse as obras en toda a rúa, o que provoca que hai veciños que levan case dous meses sen poder usar os seus garaxes”.
No PP din que, a situación que describen, é o froito da desorganización do goberno local, fronte á que reclaman os veciños; “reclaman máis información e cambios no proxecto, porque afecta a moita xente que está en desacordo”.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



