No Comité Provincial celebrado hoxe quedaron validados 62 candidatos e o partido segue traballando para validar nos próximos días as candidaturas de Carballedo, Friol, Muras, Paradela e Xove, acadando así os 67 concellos da provincia
Lugo, 10 de marzo de 2023. O Partido Socialista da provincia de Lugo presenta “os mellores candidatos e candidatas” ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio “para consolidar as alcaldías que temos, gañar outras novas e manter a Deputación de Lugo”. Así o subliñou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, durante o Comité Provincial, o máximo órgano entre congresos, celebrado este venres.
“Saímos a gañar as eleccións cuns candidatos e candidatas que teñen un fondo coñecemento do seu concello, preparación, un proxecto de futuro e o máximo compromiso cos seus veciños e veciñas”, un perfil que demostra “a fortaleza, o dinamismo, o traballo e a capacidade de ilusionar do PSdeG”, subliñou o Secretario Xeral. “Síntome moi orgulloso das nosas candidaturas, que son o resultado do traballo día a día da nosa militancia. A calidade das listas é unha radiografía do que representa hoxe o PSdeG na provincia de Lugo”, incidiu.
No Comité Provincial celebrado hoxe quedaron validados 62 candidatos e candidatas, e o partido segue traballando para validar nos próximos días as candidaturas de Carballedo, Friol, Muras, Paradela e Xove, algunhas delas a punto de pecharse, acadando así os 67 concellos da provincia.
Claras oportunidades e novas expectativas en moitos concellos
“Somos moitos e seremos máis”, recalcou o líder dos socialistas, incidindo en que o Partido Socialista conta hoxe con 27 alcaldías e forma parte doutros catro gobernos locais, o que supón 31 concellos que aglutinan “á maioría social” da provincia, ao representar o 65% da poboación, ademais de gobernar na Deputación de Lugo.
Dende este “bo punto de partida”, cos candidatos e candidatas que presenta ás eleccións “estamos en condicións de renovar as alcaldías que temos, mellorando os resultados nalgúns casos”.
Así mesmo, asegurou José Tomé, “temos clarísimas posibilidades de alcanzar outras novas alcaldías, en concellos como Antas de Ulla, Taboada ou Abadín, nos que quedamos a un puñado de votos na última cita electoral; e abrimos novas expectativas en moitos outros municipios”.
Renovación
Os socialistas renovan en torno ao 30% dos alcaldables, con estrea, entre outros, de candidatos en municipios como Burela, Palas de Rei, Monterroso, Castro de Rei, Cervo, Cospeito, Portomarín, Samos, Pantón ou A Pobra do Brollón, xa presentados publicamente; así como en Sarria, Chantada, Riotorto, O Páramo, Baleira ou Becerreá, que o partido dará a coñecer en público nas vindeiras datas.
Xente moza
Froito do seu dinamismo e capacidade de ilusionar, o PSdeG incorpora a xente moi nova, cunha alta cualificación e gran proxección, como é Alba Sinde (con 22 anos e estudante de Ciencias Políticas) por Castro de Rei; Daniel Irimia (con 28 anos e investigador, escritor e poeta) por Cospeito; ou Ana Corredoira (con 32 anos, bióloga e á fronte dunha granxa de produción de leite en ecolóxico), por Palas de Rei. Uns alcaldables que se suman a candidatos mozos que concorren de novo a estas eleccións, como Marta Rey por Ribadeo, ou Roi Rigueira por Taboada; e alcaldes e alcaldesas xa consolidados como Mayra García Bermúdez, en Trabada; María Loureiro, en Viveiro; ou Fran Cajoto, en Foz.
O partido con máis mulleres
Ademais, como expresión dos logros e da continua loita do Partido Socialista en materia de igualdade, nestas eleccións convértese na formación política pola que se presenta un maior número de mulleres, cunha vintena de candidatas, o dobre que no caso do PP. Entre elas, están Lara Méndez, por Lugo; Elba Veleiro, por Vilalba; Carmela López, por Burela; Pilar García Porto, por Antas de Ulla; Ana Corredoira, por Palas de Rei; Alba Sinde, por Castro de Rei; María Loureiro, por Viveiro; Rocío López, por Lourenzá; Mayra García Bermúdez, por Trabada; María Luján Ramos Ben, por Cervo; Marta García Rey, por Ribadeo; Marisol Morandeira, por Guitiriz; Laura Celeiro, por O Incio; Carmen Veiga, por Barreiros; Susana Ferreiro, por Begonte; Carmen Macía, por Bóveda; Esperanza González, por Mondoñedo; ou Carmen Acacio, por Outeiro de Rei.
Proxecto para cada concello e para o conxunto da provincia
O líder dos socialistas na provincia subliñou que o PSdeG “é o único partido que ten un proxecto para cada concello e un proxecto global para a provincia, centrado nas persoas, na defensa dos servizos públicos, na promoción da economía e na defensa do rural”.
Fronte a estes valores e capacidades, asegurou José Tomé, “temos a un PP roto e sen ideas, que intenta vivir das aparencias, pero é un cascarón oco. Saíron divididos do congreso. Elixiron presidenta, pero tardaron dúas semanas en elixir Executiva, e ó cabo dun mes, Feijóo obrigou a Candia a nomear a Balseiro portavoz e coordinador provincial”. A mellor proba de que “están rotos e sen ideas é que tiveron que presentar en Lugo a unha candidata de Mondoñedo que non queren nin os seus, e noutros concellos practican o transfuguismo e compran vontades”.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



