O profesor de Dº Constitucional Blanco Valdés ven de rexeitar nun outro xornal galego o dereito dos territórios autónomos do Estado para esixir determinados coñecementos das línguas oficiais distintas do castelán para o seu acceso ao emprego público. O profesor da USC mesmo afirma que calquera persoa que só coñeza o castelán habería poder traballar en calquera emprego e lugar do Estado sen que se lle requira coñecemento ningún dunha outra língua oficial.
Blanco Valdés é unha persoa moi intelixente e instruída, de amplos coñecementos, cun xorne amábel e cordial no trato humano que fai máis doado conlevar a aberta discrepancia que temos amosado por anos no debate público mediático, nomeadamente nos faladoiros da CRTVG. Mais penso que desta volta faise evidente que o profesor Blanco Valdés mudou nestes últimos anos o seu compromiso constitucional para achegalo ás propostas xurdidas de Madrid a prol da España da língua e cultura única, abríndolle deste xeito a porta na Galicia a esta caste de desaqueladas ideas.
Porque coñece moi ben Blanco Valdés, como sobranceiro xurista, que na Galicia a constitucionalidade alóngase como bloque no noso Estatuto e nas súas leis de desenvolvemento básico, entre elas a Lei de Normalización Lingüística. Xa que logo, o galego é a única língua propia de Galicia consonte co Estatuto e, xa que logo, coa Constitución do Estado. E tamén é lingua oficial en todo o território do noso País. Isto quere dicir que eu, vostede e todas as persoas residentes na Galicia temos o dereito de falar galego en calquera circunstancia e esixir das entidades privadas todas que nos entendan e, do sector público, que nos atenda en galego.
Velaí que a tese de Blanco Valdés non sexa compatíbel cos dereitos lingüísticos que ás persoas que residen na Galicia nos recoñece a mesma Constitución que él ten estudado a eito. Na Galicia a sanidade pública galega atende máis do 90% dos actos médicos. Podemos defender o dereito á ignorância da língua galega a respecto dos empregados da sanidade pública galega sen vulnerar non só a Constitución, o Estatuto e as leis, senón o sentido común? Existe algún servizo público que esixa máis empatía e achegamento ás persoas ca o da saúde?
O problema de moitos opinadores, universitarios e intelectuais do Estado é querer facer pasar por constitucional, presentar como froito dos consensos de 1978 o que non é senón puro supremacismo que descoñece os valores do pluralismo e da democracia liberal de 1978. Mais o que é normal en Madrid non habería selo na Galicia.
Cando esta caste de discurso se defende no noso País estase a abrir a porta a ese discurso centralista que nada ten a ver coa nosa realidade e vida cotiáns, cos problemas do noso benestar e calidade de vida, coas nosas angueiras.







A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



