O voceiro popular de Ribadeo destaca que a reubicación dos residentes “ten que ser en zonas o máis próximo ás súas familias”
Ribadeo, 16 de marzo de 2022. O candidato popular a alcaldía de Ribadeo, Dani Vega, destaca que “levamos moito tempo reivindicando unha solución ao problema de reubicación das persoas do Hospital Asilo, pero tamén levamos moito tempo reivindicando unha inversión para a súa reforma. Por iso, pedimos axuda á Xunta de Galicia para solucionar este problema que orixinou o goberno do BNG ante a súya falta de xestión”.
O Grupo Municipal popular leva tempo reclamando que o goberno nacionalista pida as axudas que ten a Xunta de Galicia en materia de reforma e construción de residencias de maiores. Por iso, os populares non entenden a actitude do BNG de pedir “en cartas e mediante notas de prensa solucións para esta cuestión”. “O goberno do BNG non fixo absolutamente nada para intentar solucionar este problema, o único que fai é avivar unha confrontación que lles gusta moito para ter un discurso nas eleccións ante a súa falta evidente de traballo”, di Dani Vega.
“O único que sabemos é que temos unha herdanza que debemos agradecer ao filántropo Doutor Moreda. Son algo máis de 700.000 euros que deixou para a reforma do asilo e o cal o BNG non quería explicar. Polo tanto, é entre a Xunta de Galicia e o Doutor Moreda que van a garantir a reforma do hospital asilo e esperamos que o Concello aporte tamén algo, porque a reforma deféndese con feitos non con simples palabras. De momento, o único que están a facer é poñer paos nas rodas poñer todos os obstáculos necesarios para que a Xunta de Galicia non aporte o orzamento.” di o alcaldable.
PASOS QUE SE DERON E SE VAN A DAR PARA A REUBICACIÓN DE USUARIOS
A Xunta de Galicia xa comezou o seu traballo, o de chamar aos técnicos municipais, para saber o número de usuarios que ten o hospital asilo e saber a situación na que se atopa. “Ese traballo xa se fixo”. Dani Vega recalca que “o que se pretende é poñerlle unha solución canto antes. O único que me preocupa son as familias e as persoas que viven no Hospital Asilo e dóeme que se faga política torticeira con isto”
O seguinte paso é chamar aos técnicos municipais para ter unha reunión, e concretar cal vai ser a solución e así chamar a todas as familias para dispor unha solución para todos. A Xunta de Galicia chamara a corporación municipal para falar da financiación.
INDIGNACIÓN E CABREO ABSOLUTO CO GOBERNO DO BNG POR QUERER OBSTACULIZAR O CENTRO DE SAUDE PARA RIBADEO
Por outra banda, os populares denuncian as “medidas electoralistas” do goberno do BNG que “xa está facendo os seus cálculos electorais”. Dani Vega explica “ca demostración de mala xestión do goberno do BNG e que nin foron capaces ni de entregar os terreos necesarios para a construción do centro de saúde, enterámonos agora polos medios de comunicacións que teñen que vender uns inmobles para poder compra destes terreos”.
Ademais, engade “mentíronnos cando dixeron que tiñan unha cantidade orzamentaria destinada para a compra dos terreos. Era absolutamente mentira. Enterámonos de que hai que vender estes inmobles para dispoñer da cantidade económica para a compra destes terreos. Mal goberno porque non son capaces nin de facer a reforma urbanística necesaria. Outra demostración mais que non queren o novo centro de saúde nin queren máis servizos sanitarios.” Neste sentido, Dani Vega di: “pedimos explicacións urxentes ao goberno do BNG: van a seguir parando e obstaculizando inversións importantes para Ribadeo?























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



