NOTA DE PRENSA
O PP pide un aprazamento da devolución dos cartos ingresados de máis polo Estado en 2008.
Os populares afirman que os veciños verán como se resinten os servicios porque haberá menos cartos.
Califican ó alcalde de “irresponsable político” por restar importancia á devolución de 172.428’88€.
O Grupo Municipal Popular (GMPP) de Burela presentou dúas mocións para seren debatidas e aprobadas se procede na sesión plenaria que se celebrará mañán, xoves, ás oito da tarde. A primeira está referida ás Casas Baratas e a segunda ó pago da contía que o concello de Burela tén que devolver ó Estado correspondente ó exercicio de 2008.
En canto á moción sobre a devolución dos cartos de 2008, os populares indican que de O Ministerio de Política Territorial ven de facer públicos os datos relativos á liquidación da participación das entidades locais nos ingresos do Estado correspondentes ó exercicio 2008.
As cantidades que teñen que devolver as entidades locais galegas como consecuencia da liquidación do ano 2008 ascenden a 106.284.655,29 €. No caso concreto do Concello de Burela o importe a devolver ascende a 172.428’88€.
Esta situación produciuse como consecuencia da falla de previsión do Goberno de España, presidido polo Sr. Rodríguez Zapatero que, empeñado en negar as consecuencias da crise económica, presentou no ano 2008 uns orzamentos cunhas previsións de ingresos infladas, que estaban moi lonxe da realidade.
Agora, no peor momento da crise económica e ó tempo que experimentan unha notable baixada dos seus ingresos, as Comunidades Autónomas e as Corporacións Locais van verse obrigadas á devolución de importantes cantidades como consecuencia dos erros do goberno do Sr. Rodríguez Zapatero.
A esta situación hai que engadir que o Goberno de España continúa incumprindo o seu compromiso de abordar a reforma do financiamento local para garantir o principio de suficiencia das facendas locais.
As reclamacións das devolucións que tén efectuadas o Goberno de España, neste momento, pode poñer en risco o mantemento dos servizos públicos de titularidade local, razón pola que cómpre solicitar que se deixe sen efecto a liquidación efectuada ou que, no seu defecto, se adíe o pagamento da cantidade a devolver ata que exista un crecemento económico por riba do dous por cento anual en un prazo de dez anos.
Ademais, para garantir a suficiencia financeira das facendas locais, o Goberno do Estado debería garantir, como xa fixo a Xunta de Galicia co Fondo de Cooperación Local no ano 2010, que ningún concello perciba menos ingresos durante o ano 2011 en concepto de Participación nos Ingresos do Estado que os que ven percibindo durante o ano 2010.
Pero os populares advirten que o problema se vai agravar cando se coñeza a contía que hai que devolver correspondente ó exercicio de 2009, que no caso de Burela vai superar facilmente os douscentos mil euros, co que en conxunto Burela verá como merman os seus ingresosos en catrocentos mil euros en catro anos.
O sorprendente é que o alcalde non lle deu nunca ningunha importancia a esta cuestión, nin cando se fixo o anuncio, nin agora. Porque logo de ler e oir algunhas das súas declaracións decindo que o concello non o notará porque non hai que devolvelo de golpe e o Estado vai a reducir as contías mes a mes, só cabe calificar a esta persona coma un “irresponsable político”.El, como alcalde, tén que explicar que medidas vai adoptar para paliar a merma de ingresos, que pode ser de máis de cen mil euros cada un dos próximos catro anos, só no que se refire ás devolucións de 2008 e 2009, e tamén debe explicar que servicios se van ver afectados, porque está claro que algún se vai ver afectado.
Confiamos que na sesión plenaria de mañán, xoves, estas cuestións queden aclaradas e que o alcalde defina a súa liña de actuación nesta materia nos próximos meses e nos próximos presupostos municipais de 2011.


















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



