A lista está conformada por 23 persoas, é a demostración dun partido forte e que aspira a gobernar con maioría absoluta, se o pobo así o decide
Ribadeo, 20 de abril de 2023. O candidato á alcaldía de Ribadeo, Dani Vega, presentou onte pola tarde aos membros que formarán a súa candidatura nas vindeiras eleccións municipais. A este acto asistiron membros da dirección provincial do partido, entre eles, o coordinador xeral, José Manuel Balseiro e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias.
Dos membros que conformarán o equipo, Vega destaca que “é o mellor equipo posible para gobernar, un equipo forte, unido, con experiencia e preparado para gobernar. Un equipo liderado por mulleres que traballaron moito comigo nestes catros anos”. Neste sentido o candidato refírese a Begoña Sanjurjo, secretaria xeral do partido en Ribadeo unha persoa eficaz e traballadora; a Marta Saiz, coordinadora de promoción local, Montse Seijo, responsable de medio rural e Elena Sierra, actual vicevoceira do grupo municipal; as cales recaen no número 2, 3 e 6 da lista respectivamente. Por outra banda, Dani Vega, resalta a incorporación de Diego Dos Santos e Francisco José Silvent como número 5 e 7 para poder acadar o goberno o próximo 28 de maio.
O alcaldable subliña tamén que “esta lista está conformada por persoas que son 100% ribadenses e que van a traballar por e para Ribadeo, persoas que non hai que explicarlles onde están as rúas, os barrios e as parroquias. Temos a sorte de que somos un grupo moi unido, que está formado por xente moi preparada que ven de moitos ámbitos diferentes: educación, sector público, medio rural, empresa, etc”.
A lista complétana María Remedios Espiñeira no número 8, máis coñecida como “Mari de Pechugo”, Javier Castro no 9, Manolo Álvarez no 10, Noelia García será a 11 da lista, no número 12 figura Mario Alberto Meira e para finalizar Ramón Fraga no 13. En relación á lista Dani Vega destaca que “somos un equipo tan forte que temos moitas persoas que se queren unir ao noso proxecto, aos cales lles queremos dar as gracias, traballaremos todos xuntos para impulsar Ribadeo. Temos unha lista ampla e moi completa de 23 persoas, unha lista clave para ganar as próximas eleccións municipais”.
Por outra banda, o candidato a alcaldía agradece ás persoas que formaron parte do grupo municipal durante estes catro anos: “Este grupo traballou, foi útil e xestionou por e para Ribadeo, o noso compromiso con Ribadeo é claro”.
LISTA:
1. Daniel Vega Pérez
2. Begoña Sanjurjo Santar
3. Marta Saiz García
4. Montse Seijo Díaz
5. Diego dos Santos Rodríguez
6. Elena Sierra Pulpeiro
7. Francisco José Silvent Villalba
8. María Remedios Espiñeira Gutiérrez (Mari de Pechugo)
9. Javier Castro González
10. Manuel Salvador Álvarez Álvarez
11. Noelia García Fojo
12. Mario Alberto Meira García
13. Ramón Fraga Martínez
Suplentes:
David Fernández Díaz
Belén Cociña García
María José Duarte Fanjuk
Justo Pedro Suárez Conde (Tito Suárez)
José María Remior Fernández
Susana García Rodríguez
Félix Fernández García
Gonzalo Maximiliano Lebredo Álvarez de Linera
Azucena González Loredo
Pedro José Anotnio Murais Fernández























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



