Ribadeo, 28 de abril de 2023. O acceso á praia do Cargadeiro foi valado nesta xornada debido ao comezo das obras de recalce e estabilización da escaleira de baixada ao areal. O Concello chama á cautela nesa zona.
O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, dixo que “dado que en breve van dar comezo as obras de recalce e estabilización da escaleira de baixada á praia do Cargadeiro, ao longo do día de hoxe instalouse un valado no entorno do acceso a esta areal”.
O edil ribadense indicou que “deste xeito, desde o Concello de Ribadeo pedimos á veciñanza precaución e cautela á hora de acercarse a este entorno, evitando en todo o posible esta zona, por que tamén se contempla o necesario movemento de maquinaria para o arranxo destas escaleiras e desta estrutura. Estes traballos está previsto que duren varias semanas e tamén queremos estender esta petición de cautela a todo este tempo no que duren as obras de estabilización”.
Pablo Vizoso lembrou: “como seguramente todas as veciñas e veciños de Ribadeo recordarán hai algo máis dun ano produciuse unha arribada perigosa de pedras e terra por debaixo das escaleiras de baixada á praia do Cargadoiro, deixando unha parte destas descalzadas e sen base, nunha situación inestable e perigosa. E ao quedar sen este apoio desde o Concello prohibiuse atendendo a criterios de seguridade o acceso á praia. Desde aquel momento estivemos traballando desde o Concello de xeito coordinado coa Dirección Xeral de Costas, que depende do Ministerio de Medio Ambiente, para atopar unha solución a esta situación”.
O concelleiro nacionalista engadiu: “por parte do Concello asumiuse o traballo e o financiamento dos diferentes proxectos e estudios xeotécnicos e por fin nestes días podemos observar que as obras son xa unha realidade. Polo tanto desde o Concello valoramos de xeito positivo o compromiso do Servizo de Costas con esta actuación, que supón un investimento de máis de 47.000 euros, e esperamos que estea rematada para o mes de xuño, podendo desfrutar daquela dunha praia totalmente segura para os bañistas e para as persoas que tan asiduamente visitan este lugar”.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



