Ribadeo, 13 de maio de 2023. O Concello obtivo 127.000 euros pola venda a través de poxa pública de dous inmobles, un situado na rúa Deputación e outro en Antonio Otero. Una vez que eses cartos cheguen ás arcas municipais serán consignados en depósito para financiar parcialmente os custes das expropiacións dos terreos para a construción do novo centro de saúde, segundo deu a coñecer este venres o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso.
O edil ribadense lembrou que “hai unhas semanas o Concello ofertou a venda a través de poxa pública de dous inmobles da nosa vila que foron adquiridos a través de embargos e impagos de execucións subsidiarias e multas coercitivas pola desatención sistemática dos seus propietarios e o perigo que ofrecían aos viandantes”.
Vizoso Galdo contou que “as valoracións de saída foron estimadas polos técnicos municipais cifrándoas nun total de 101.000 euros polos dous inmobles. Un na rúa Deputación e outro na rúa Antonio Otero. Temos que indicar que houbo interese en consultar o expediente en todo este tempo e que finalmente houbo licitadores para os dous inmobles que presentaron as súas ofertas en tempo e forma”.
O concelleiro de Economía explicou que “ao final, a proposta de adxudicación será loxicamente por quen mais ofreceu por cada un deles. No primeiro caso, para unha pequena vivenda do casco histórico, a maior oferta foi de 15.885 euros e para o segundo, que é un solar na rúa Deputación, nº 1, a cifra foi de 111.345 euros, o que supón un total de 127.230 euros”.
Pablo Vizoso subliñou que “unha vez que estes importes sexan ingresados nas arcas municipais, serán consignados en depósito para financiar parcialmente os custes das expropiacións dos terreos para a construción do novo centro de saúde, cumprindo así o noso compromiso de cesión dos terreos á Xunta de Galicia. Este expediente de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado hai semanas polo Pleno, atópase actualmente en exposición pública por un prazo de dous meses, tal e como indica a Lei do Solo de Galicia”.
O edil nacionalista engadiu: “finalmente dicir que con esta actuación da venda destas propiedades, estamos a pechar o ciclo de poñer en valor estes recursos para que se apliquen a fins de interese público. Isto, desde logo, é pechar o ciclo para que cumpra cos principios de eficiencia, rendibilidade e transparencia”.

























Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



