Viveiro, 19 de maio, 2023. A alcaldable polo BNG, Míriam Bermúdez, ten claro que Viveiro, con máis de 3.200 cans censados, precisa dunha norma reguladora, máxime cando existiron múltiples peticións por parte da veciñanza e incluso con recollidas de sinaturas para esta petición, que non foron atendidas e que un goberno do BNG consideraría imprescindible escoitar.
Pasaron 4 anos nos que o BNG atendeu as demandas da veciñanza propoñendo habilitar praias e zonas verdes para cans, establecer horarios nas praias e sacar adiante a Ordenanza de Tenza de Animais, necesidades nas que Míriam Bermúdez asegurou “co BNG no goberno estas demandas estarían xa resoltas, son doadas de executar, tan só se precisa vontade política. É preciso habilitar zonas para mellorar a convivencia e cubrir esta necesidade.”
Gadoupas puxo de manifesto no encontro con Míriam Bermúdez e varios membros do BNG de Viveiro, os escasos recursos cos que contan para dar cobertura ás necesidades da protectora e de control de gatos na rúa, tales como: maior financiación para facer fronte aos gastos de alimentación e servizo veterinario, xa que a que teñen non é suficiente para mellorar as instalacións e habilitar refuxios para as colonias de gatos, os cales aportarían ademais dun maior benestar para os animais, unha mellora da estética urbana e da hixiene nestas zonas.
O proxecto de goberno do BNG contempla con respecto á protección e benestar dos animais os seguintes puntos:
. Habilitar zonas verdes para cans, establecer horarios nas praias e determinar as praias de Seiramar e Arnela como praias caninas. Demandas que só o BNG insisteu e levou a pleno nestes 4 anos.
. A creación dun Convenio entre Concello e Gadoupas. Un convenio que lles permitiría optar a subvencións para incrementar a súa financiación e que permitiría reforzar o programa de voluntariado.
. Implantar políticas de educación para a cidadanía para concienciar ás persoas con mascotas da necesidade de limpar excrementos e ouriños, ofrecer recursos para evitar estes xestos, como bolsas e botelliñas con auga e xabón, e sacar adiante o regulamento para poder sancionar en caso de incumprimento.
Míriam Bermúdez é contundente: “nós témolo claro: atender as necesidades dos animais é un beneficio para toda a comunidade. Tanto é necesario habilitar zonas para cans como o é aumentar as cuantías das sancións para os donos que non limpan os excrementos. Debemos implicarnos, e o concello é o primeiro que debe dar exemplo”























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



